jueves, 3 de octubre de 2013

HOXE RECOMÉNDOVOS O LIBRO "ANTES Y AHORA", DO GUARDÉS EMILIO ROLÁN



Estes días, nos ratiños libres que tiven, rematei por fin a lectura do libro Antes y Ahora, da autoría do profesor e doutor guardés Emilio Rolán Mosquera: "Una visión de cómo era la vida en Galicia hace 60 años (A Guarda y Caldas de Reis), vista por un niño y contada por un viejo".


A obra está dedicada aos seus netos Eric e Carlos, así como a "otros niños de su edad". Pola miña banda, tamén aproveitei para que me botara unha firmiña alá por 2007 cando asistín á presentación do seu libro na sede de ANABAM. 


A miña noraboa para Emilio Rolán por plasmar perfectamente nas preto de 200 páxinas da publicación, unha boa parte da situación de Galicia e os seus habitantes na metade do século XX, pois fala de case que todo: a televisión, a música, as costumes, a política, o estudo, o deporte, o mar, a pesca, a relixión, a educación, a natureza, a morte, a muller... 

Sen dúbida, libro recomendable e ameno 100%.