miércoles, 4 de diciembre de 2013

CONFERENCIA DO ESCRITOR BIEITO LEDO E EXPOSICIÓN DE LIBROS ANTIGOS NA GUARDA


Paco Vidal, Domínguez Freitas, Bieito Ledo e Antonio Lomba na inauguración da mostra

A semana pasada, en concreto o xoves 28 de novembro, asistín con Xoán Martínez Tamuxe á inauguración da mostra Libros, Códices e Documentos. Galicia, España e Portugal, que se celebrou no Centro Cultural da Guarda.


Alí fomos partícipes da entretida conferencia que ofreceu Bieito Ledo, escritor e director de "Ir Indo", que estivo acompañado na mesa principal polo gran promotor da exposición, o bibliófilo Paco Vidal, así como polo alcalde José Manuel Domínguez Freitas e o concelleiro de Cultura guardés, Antonio Lomba.

O experto Paco Vidal explicando as características dos diferentes libros e documentos

Tal e como reza o cartel, a mostra estará aberta ata o vindeiro venres 3 de xaneiro, data na que terá lugar unha nova conferencia -de clausura- a cargo de Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega.