O Castelo de Santa Cruz na vila da Guarda (Pontevedra) abriu por fin -o pasado venres 6 de decembro- as súas portas ao público.
Invitados polo concello guardés que preside o alcalde José Manuel Domínguez Freitas, asistimos Tamuxe e máis eu aos actos de apertura deste recinto fortificado do século XVII, que tivo como presentador ao rosaleiro Manuel Santos e como guía á investigadora Rebeca Blanco Rotea.
Alí puidemos saudar -entre outros- aos historiadores locais Joaquín Miguel Villa Álvarez e Manuel Álvarez Pérez, así como a diferentes estudosos e veciños/as da comarca do Baixo Miño.
A nota musical puxérona os grupos tradicionais A Boalleira e Xamaraina, rematando esta visita cun pequeno ágape nos fermosos xardíns do Castelo de Santa Cruz.
Precisamente, os vindeiros 21-22 e 28-29 de decembro ás 12:00 horas realizaranse visitas guiadas gratuítas abertas ao público. Ademais, o venres 10 de xaneiro de 2014 comezará o Ciclo de Barferencias, coa intervención do arqueólogo Juan José Perles Fontao, compañeiro do Instituto de Estudios Tudenses e co que tamén coincidimos nesta visita.
Xa o 24 de xaneiro e 7 de febreiro, terán lugar as "barferencias" de Rebeca Blanco Rotea e do guardés José A. Uris Guisantes.
REPORTAXE FOTOGRÁFICA COMPLETA
¡¡Agardando pasedes unhas Boas Festas de Nadal, aproveito xa para enviarvos, con todo o meu cariño, moitos bicos e apertas!!