jueves, 2 de enero de 2014

XESÚS ALONSO MONTERO (RAG) OFRECE UNHA CONFERENCIA NA VILA DA GUARDA



Hoxe, venres 3 de xaneiro, ás 20:00 horas, terá lugar no Centro Cultural da Guarda unha conferencia a cargo de Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, con motivo da clausura da exposición "Libros, Códices e Documentos".

Segundo se afirma dende o Departamento de Cultura guardés, "a conferencia versará sobre o contido dos libros aquí expostos, entre os que destacan o Códice Calixtino e as Cantigas de Santa María, primeira obra escrita en galego-portugués".

Outras obras destacadas son "o Atlas de Ptolomeo ou o Beato de Girona, dicionarios histórico-económicos como o de Pascual Madoz ou a Descrición Económica do Reino de Galicia, nos que atopamos referencias á Guarda do século XIX, unha biografía de Carlos V ou de Cristóbal Colón".

Tampouco faltan "referencias á bibliografía lusa, pois tamén podemos atopar un exemplar de Os Luisiadas ou do Códice Foral de Mira".