jueves, 24 de abril de 2014

VII Certame de Poesía Victoriano Taibo 2014


Segundo me comunican dende o IEM (Instituto de Estudos Miñoranos) a través de Miguel Anxo Mouriño -do departamento de Lingua e Literatura- esta institución xunto coa Entidade Local de Morgadáns (Gondomar), convocan o VII Certame de Poesía Victoriano Taibo-Entidade Local de Morgadáns.

Este premio está dotado con 3000 €, escultura conmemorativa de Fino Lorenzo e publicación da obra na colección Victoriano Taibo do IEM. 

O prazo de presentación de orixinais remata o 31 de xullo de 2014. 

Por se alguén está interesado/a, velaquí deixo as bases:

VII Certame de Poesía
VICTORIANO TAIBO – ENTIDADE LOCAL DE MORGADÁNS

A Entidade Local de Morgadáns en colaboración co Instituto de Estudos Miñoranos convoca o VII Certame de Poesía VICTORIANO TAIBO – ENTIDADE LOCAL DE MORGADÁNS dotado con TRES MIL (3.000) € que se rexerá polas seguintes

BASES:
1.- Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre, escritos en lingua galega e non poderán ser adaptacións.

2.- Cada traballo consistirá nun ou varios textos poéticos, cunha extensión non inferior a 300 versos, que constitúan un conxunto.

3.- De cada obra presentarase orixinal e catro fotocopias. Os autores ou autoras concursarán polo sistema de plica. Os traballos faranse chegar por correo ao seguinte enderezo:

Apartado 30
36380, Gondomar
(Pontevedra)

4.- Os traballos presentados conservaranse durante un mes a partir da data de publicación da resolución do xurado e logo destruiranse os que non fosen solicitados polos seus autores ou autoras.

5.- O prazo de admisión de orixinais comezará cando se faga pública esta convocatoria e rematará o día 31 de xullo de 2014.

6.- O xurado estará presidido polo Presidente da Entidade Local de Morgadáns, ou persoa na que delegue, e actuará como secretario o Director do IEM, ou persoa na que delegue, ambos con voz pero sen voto. Estará constituído, ademais, por cinco persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario.

7.- A obra premiada será publicada polo IEM na colección Victoriano Taibo e non xerará dereitos de autor nesta primeira edición.

8.- O premio outorgado será único e indivisible. O xurado poderá declaralo deserto se estima que a calidade das obras presentadas así o aconsella.

9.- Calquera incidencia non prevista nesta convocatoria será resolta polo xurado.

10.- O feito de participar supón a aceptación destas bases.


Gondomar, a 22 de abril de 2014