Din que o bo faise de rogar e a XIV Andaina "Val do Rosal. O Paraíso dende as alturas" aprazouse polo mal tempo ao vindeiro sábado 10 de maio de 2014.
En verdade vos digo, como guía desta andaina, que para apreciar e disfrutar esta ruta ten que estar un día despexado, pois as vistas dende o Campo do Couto son impresionantes.
Velaquí vos deixo a nota de prensa que se pode ler tamén na web do Concello do Rosal, organizador do evento.
Igualmente visitaranse algúns dos últimos petróglifos descubertos –de época histórica-, en concreto un grupo de gravados cruciformes, moi preto da “Fonte do Home”, no lugar das Cortes, que datan dos séculos IV-V despois de Cristo.
A distancia total da andaina será duns 12 km aproximadamente, de dificultade media e cunha duración aproximada de 3 horas.
Como de costume, a saída terá lugar ás 15:30 horas. O punto de partida e de estacionamento dos vehículos será o Alto da Portela (xuradía de Marzán).
A andaina está organizada polo Concello do Rosal e ao igual que as anteriores, estará guiada por Juan Ramón Martínez Barbosa, que ofrecerá as correspondentes explicacións históricas durante todo o percorrido e nos desvelará algúns dos curiosos segredos e lendas destes fermosos enclaves.
Para apuntarse a este percorrido -inscrición gratuíta- e para máis información, poden achegarse ata o Concello ou chamar ao 986 62 50 00, deixando nome e apelidos así como un teléfono de contacto.