O pasado sábado 19 de abril achegueime ata o Estadio Municipal da Mata, onde se celebrou o IV Torneo de Fútbol Infantil U.D. Ribera. Concello do Rosal, e que tivo como vencedor final ao Pontevedra F.C., tras vencer 2-1 ao E.F. Lalín.
Dende aquí felicitar unha vez máis á Organización polo seu bo facer e o seu impecable traballo á hora de albergar un campionato destas características, cos mellores equipos de Galicia sempre en cartel.
Segundo nota de prensa remitida, "más de dos mil personas pasaron a lo largo del día para presenciar algún partido", sendo a clasificación a seguinte:
1º: Pontevedra
2º: Lalín
3º: Deportivo da Coruña
4º: Areosa
5º: Coruxo
6º: Ribera
7º: Porriño
8º: Sp.Guardés
Destacar a colaboración coa asociación solidaria Conrazones, recollendo máis de 300 kg de produtos ao longo do torneo.
Mellor porteiro do Torneo
Mellor xogador
Entregaron os diferentes trofeos aos participantes, a presidenta da U.D. Ribera, Estela Pereira, a tenente alcalde Mª Carmen Alonso, o alcalde da vila, Jesús Mª Fernández Portela, o presidente de Conrazones, Piño Gómez, así como o secretario xeral de Deportes da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa.
O Lalín, subcampión
O Pontevedra, campión do IV Torneo Infantil
Máis información, resultados e fotografías na web da Organización.