jueves, 31 de julio de 2014

Moita sorte a Yoel, novo porteiro do Valencia CF



Xa é oficial. O porteiro galego Yoel Rodríguez Oterino é novo xogador do Valencia Club de Fútbol. O ata agora, cancerbeiro do Celta de Vigo, incorporarase ao conxunto valencianista nas próximas horas.



Dende aquí, moita sorte para Yoel, que en breve pasará o recoñecemento médico e firmará o seu contrato antes de ir a Londres, onde "os dirixidos polo portugués Nuno Espírito Santo disputarán a Emirates Cup contra equipos de renome internacional como o Mónaco e Arsenal".

Máis info na web do Celta de Vigo.