martes, 15 de julio de 2014

Presentación da Feira do Viño e dos 10k O Rosal


Explicando a Andaina 10k xunto a Terio Carrera, Silvia Baquero e Serafín Martínez

O pasado venres 11 de xullo asistín no Lagar de Eiras á presentación da XXII edición da Feira do Viño do Rosal 2014.


O acto estivo conducido por Terio Carrera, director de Deportes da TVG (Televisión de Galicia), quen "moderou" e deu paso ás distintas intervencións.


Jesús Mª Fernández Portela, alcalde do Rosal, anunciou que a inauguración oficial da Feira terá lugar este venres 18 de xullo ás 20:00 horas, na Praza do Calvario, a cargo da conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana. 


Así mesmo, que o pregoeiro deste ano será "Pepe Cadavedo, xornalista radiofónico", director do programa Gastronomía en la Onda, de Onda Cero.


Acompañaron ao rexidor rosaleiro -ademais de adegueiros e colaboradores- na mesa principal, Silvia Baquero Pereira, organizadora da Feira; Serafín Martínez Acevedo, exciclista profesional e coordinador do evento 10k O Rosal; José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Charo Tabales Perozo, concelleira de Cultura e Ángeles Franco, representante do patrocinador principal dos 10k, Banco Mediolanum.



10.- PROGRAMA DA FEIRA 2013

Venres, 18 de xullo

20.00 Inauguración a cargo da Conselleira de Medio Rural e do Mar.

20.10 Lectura do pregón a cargo de Pepe Cadavedo, Periodista radiofónico especializado en gastronomía.

20.30 Visita ós expositores e degustación de viños do Rosal

22.00 Actuación da Charanga.

02:00 Peche da Feira


Sábado, 20 de xullo

11:00 apertura do recinto feiral

20:30 Actuación da Charanga

02:00 Peche da Feira


Domingo, 21 de xullo

10:30 Andaina 10k

11:30 Carreira 10K

20:30 Actuación da Charanga

24:00 Clausura da Feira


11.- ACTIVIDADES DURANTE A FEIRA

EXPOSICIÓNS do 18 ao 27 de xullo na Sala de Exposicións do Concello:

HORARIO

De luns a venres: de 11:00 a 13:30 horas
Sábados, domingos e festivos: de 11 a 13:30 e de 20 a 22 horas

  • PINTURA de MARÍA SOBRINO PEREIRA
  • ESCULTURAS do COLECTIVO SOMOSARTE
  • XXI MOSTRA NUMISMÁTICA E FILATÉLICA do GRUPO “VAL DO ROSAL”

Os días 18, 19 e 20 de Xullo, coincidindo coa XXII Feira do Viño de Ou Rosal, o Grupo Filatélico e Numismático Val de O Rosal celebra a XXI edición da súa exposición filatélica.

Como en edicións anteriores, este ano contarase con matasellos conmemorativo e selo personalizado. Este ano están dedicados a D. José Mª Alonso Francisco “Cuncho”, de S. Miguel de Tabagón, último alcalde republicano en O Rosal e recoñecido viticultor.