Esta fin de semana (19, 20 e 21 de setembro) comeza a programación -chamémoslle "forte"- das Festas das Mercedes en A Gándara (A Guarda).
Hai que lembrar que o pasado 6 de setembro celebrouse o VI Torneo da Cachiza; o sábado 13 o 4º Serán organizado por A Boalleira e o domingo 14 inaugurouse a Casa Social O Percamino.
Pois ben, este venres 19 de setembro, a partir das 18:00 horas, terá lugar na Praza dos Seixiños a tradicional Festa da Zorza, xa na súa XXVIII edición.
Ó remate da zorzada, Gran Queimada, a cargo de Victoriano "Da Joreña". Animará a festa o grupo de gaitas A Boalleira.
O sábado 20 de setembro, tamén a partir das 18:00 horas, a XIV Carreira Pedestre Popular "Julia Vaquero". Xa sobre as 21:00 horas, baile-verbena coas orquestras Saudade 73 e o Trío Ceibe.
O domingo 21 de setembro, dende as 9 da mañá, Pasarrúas a cargo do grupo Trebón dos Xidos.
Ás 12 do mediodía, Misa Solemne cantada pola Coral Club da 3ª Idade de A Guarda, con sermón e procesión, acompañada do grupo de gaitas A Boalleira.
De 17 a 19 horas, xornada de Xogos Tradicionais e Deporte na Rúa para nenos/as (bolos, zancos, pións, corda, aro, pañuelo, o gato e o rato, etc...)
Ás 19:00 horas, actuación do humorista Somoza e do recén creado grupo musical SPHINX, formado por Eric Barceló, María Rodríguez e Paula Vicente. Ao remate, haberá chocolate gratis.