jueves, 25 de septiembre de 2014

O rosaleiro Javi Díaz, no alto da Liga ASOBAL


Javi Díaz. (Foto: B.M. Villa de Aranda)

Moi boas a todos/as!

Escribo esta pequena entrada simplemente para darlle unha vez máis a sincera noraboa ao noso veciño Javi Díaz, incombustible gardameta do BM. Villa de Aranda, equipo que xoga na máxima categoría do balonmán nacional, a Liga ASOBAL.


O pasado 6 de setembro comezaba a tempada 2014/15 e, polo momento, o conxunto do rosaleiro que dirixe Jacobo Cuétara atópase imbatido, no 5º posto da clasificación, realizando un fantástico arranque ligueiro, con dous empates e unha vitoria.

Equipo do B.M. Villa de Aranda. (Foto: Villa de Aranda)

A próxima cita para Javi Díaz e os seus compañeiros, este domingo 28 de setembro, na pista do Helvetia Anaitasuna. Segundo afirma o noso cancerbeiro de Fornelos, con 39 aniños "ao lombo", afronta este novo curso "coa mesma ilusión que un neno no seu primeiro día de colexio".

¡Moito ánimo, sorte e a dalo todo, Javi!