Velaquí deixo íntegra a nota de prensa que me foi remitida dende a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega:
"Hai dez anos que nos deixou Luisa Villalta, e tamén se fan dez anos da homenaxe que en 2004 a AELG lle rendera no Teatro Rosalía de Castro, ao que volvemos o vindeiro domingo, 28 de setembro, tras descubrirmos unha placa na casa na que Luisa Villalta viviu na Coruña.
Este é o programa de Volver a Luísa Villalta. No outro lado da Música, a Poesía:
11:00 h: DESCUBRIMENTO DUNHA PLACA NA CASA ONDE VIVIU LUÍSA VILLALTA
Rúa Vila de Laxe, 6 - A Coruña
12:15 h: RECITAL POÉTICO-MUSICAL
Teatro Rosalía de Castro da Coruña
• Intervención de Cesáreo Sánchez, presidente da AELG
• Interpretación musical: Dúo Paganini de guitarra e violino | Solo de guitarra de Juan S. Bach
• Lectura de textos de Luísa Villalta: Lino Braxe, Marica Campo, Miguel Anxo Fernán-Vello, Carlota Fiaño Salinas, Francisco Xosé Fernández Naval
• Interpretación musical: Fragmento de cuarteto de corda con mezzosoprano de Paulino Pereiro e texto de Cesáreo Sánchez Iglesias | Trío de frauta e corda de W. A. Mozart
• Lectura de textos de Luísa Villalta: Luz Pozo, Xavier Seoane, Mercedes Queixas, Xulio López Valcárcel, Dores Tembrás, Eva Veiga

Mantedora do acto: Antía Otero
Entrada libre até completar aforo
Luísa Villalta constitúe unha destacada representante da cultura galega contemporánea, tanto no ámbito musical como no literario; a súa obra abarca todos os xéneros (poesía, teatro, novela e ensaio literario) sempre dende unha perspectiva renovadora e orixinal. Ademais, Luísa foi coñecida polo seu grande activismo cultural, que de xeito constante e desinteresado levou a cabo en colaboración con diversas asociacións culturais, colectivos e proxectos de diversa índole.
Titulada tamén en violino, formou parte da Xove Orquestra Sinfónica de Galicia, faceta que desenvolveu ademais como estudiosa das relacións entre linguaxe musical e linguaxe poética".