O pasado mércores 31 de decembro celebrouse en O Rosal (Pontevedra) a I San Silvestre, consistente nunha carreira -non competitiva- e nunha andaina, á que se inscribiron máis de 300 persoas.
Este evento deportivo, con saída e chegada na Praza do Calvario, estivo organizado polo Club de Atletismo Manuel Suárez Marquier e o Concello. Igualmente contou coa inestimable colaboración do Comercio do Rosal para, ao final, sortear entre todos os participantes multitude de agasallos.
Xa dende ben cedo, como comentara nunha entrada anterior, tiven o pracer de ser o presentador e animador deste festivo acto, a través do servizo de megafonía instalado para a ocasión no centro da vila.
Velaquí vos deixo nos seguintes enlaces unha pequena reportaxe fotográfica así como o vídeo desta I San Silvestre O Rosal realizados pola nosa produtora audiovisual Miño Films.