O preparador físico rosaleiro Miguel Martínez González (ex do Celta de Vigo na época de Hristo Stoichkov) vén de proclamarse a semana pasada, campión da Superliga India, co seu equipo Atlético Calcuta (franquicia do Atlético de Madrid).
Antonio López é o adestrador do "Atlético de Kolkata" ou tamén chamado "Spanish Team", que lidera o ex-xogador do Barcelona ou Liverpool, Luis García, secundado polo exdeportivista Borja Fernández, Jofre (Valladolid), Josemi (ex do Mallorca) ou Arnal Llibert (Girona).
A Hero Indian Super League (ISL) -que trata de facer un oco ao fútbol, nun país onde o cricket é o deporte rei- enfrentou a oito equipos entre os meses de outubro e decembro, con estrelas como David Trezeguet, Robert Pires, Joan Capdevila ou mesmo o gran Alessandro Del Piero.
¡Dende aquí, a máis sincera noraboa para Miguel Martínez!