Información e imaxes: Federación Galega de Motociclismo.
Nova vitoria, onte domingo 10 de maio, en El Condado (Laviana-Asturias) para o piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido na categoría junior da 5ª proba do Campionato de España de Trial.
Tras este triunfo o noso veciño sitúase "como claro favorito a lograr o título de Campión de España despois de sumar tres vitorias nas tres probas nas que participou".
Segundo se pode ler na web da Federación Galega de Motociclismo, a vindeira competición será en Galicia, "concretamente na localidade de Teo (A Coruña) o día 21 de xuño".
¡¡Noraboa, Gabri... e a por todas!!