viernes, 11 de diciembre de 2015

Andaina ao petróglifo de Ghorghalado (Eiras)


Mañá, sábado 12 de decembro, celebrarase unha andaina ao petróglifo de Ghorghalado* -que vén de ser recuperado e posto en valor- e a "outros puntos de interese na parroquia de San Bartolomeu das Eiras".

Esta visita guiada estará a cargo do arqueólogo da Deputación Provincial, Antonio Castro Rozados, director da intervención, sendo o lugar de encontro, Adegas Valmiñor (15:30 horas).

A dificultade do percorrido é doada, cunha duración aproximada de dúas horas. Máis información no teléfono 986 62 50 00 (Concello do Rosal).

*O petróglifo de Ghorghalado é unha manifestación rupestre de época prehistórica, cando menos da Idade do Bronce Final, 1200-1100 a 700-600 antes de Cristo.