lunes, 14 de diciembre de 2015

Presentador da II San Silvestre O Rosal 2015


¡Boas a todos/as!

¡Que tal! É un pracer comunicarvos que o vindeiro xoves 31 de decembro de 2015 (11:00 horas) presentarei a II edición da carreira popular San Silvestre O Rosal, colaborando de novo nesta iniciativa que "xorde como unha actividade máis dentro da programación de Nadal que fundamentalmente ten un obxectivo non competitivo, senón unha xuntanza familiar de tódalas persoas e tódalas idades posibles".



As inscricións, ata o venres 18 de decembro (2€ por persoa participante) e información detallada da San Silvestre do Rosal no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal. 986625000, no facebook Omix Do Rosal e en www.concellodorosal.es