lunes, 5 de mayo de 2014

O piloto Gabriel Marcelli Carballido, imparable

Gabriel, homenaxeado no II Recoñecemento ao Mérito Deportivo do Rosal. (Foto: Floren)

O piloto rosaleiro, Gabriel Marcelli Carballido, en categoría cadete, vén de conseguir onte, domingo 4 de maio, unha nova vitoria no RFME Campionato de España de Trial celebrado en Aldán (Cangas do Morrazo).

Gabriel gañou así mesmo a proba de TR2 (senior B) puntuable para o Campionato Galego de Trial. A proba estivo organizada polo Motoclub Aldán, que preside Mauro Hermelo Canosa.



Segundo afirman dende a Federación Galega de Motociclismo, "O do Rosal conta as súas actuacións por vitorias no Campionato de España de Trial, terceira consecutiva, o que o sinala como claro favorito á coroa nacional".

A próxima cita do Campionato Galego será o vindeiro 18 de maio en Vila de Cruces (Pontevedra). E o de España, o 22 de xuño en Sant Julià de Lòria (Andorra).

¡Dende aquí, os meus parabéns. Noraboa Gabriel, a seguir así!