jueves, 4 de junio de 2015

Homenaxe ao poeta Francisco Álvarez "Koki"


O Centro Cultural e Social da vila da Guarda, en Pontevedra, acolle este venres 5 de xuño (21:00 horas) unha homenaxe ao escritor e poeta, Francisco Álvarez Álvarez "Koki", con motivo do Día das Letras Galegas 2015.

Tal e como podemos ler en Infogauda "A Agrupación Cultural Guardesa vén de facer público o programa de actos para a celebración do Día das Letras Galegas de 2015, que este ano, a nivel institucional, está adicado a Xosé Filgueira Valverde, e na Guarda, a Francisco Álvarez Álvarez (Koki)".

Máis información sobre o homenaxeado, neste artigo da autoría do xornalista guardés Ricardo Rodríguez Vicente, coordinador de Infogauda.