III EDICIÓN DO CONCURSO DE XOVES INTÉRPRETES ANTONIO GRANJA 2016

Juan Ramón foi o presentador deste certame, organizado pola Agrupación Musical do Rosal que preside Iván Diego Martínez

PRESENTADOR DO II CONCURSO VECIÑAL DA TORTILLA DE PATACA (PÍAS-O ROSAL)

Este orixinal e divertido evento sociogastronómico serviu de inauguración dos actos e festexos da tradicional Feira de San Gregorio

REPORTAXE DE FÁUNICAS DO NOSO ENCONTRO COS OSOS EN KODIAK E KATMAI (ALASKA)

Incrible experiencia a vivida nas lonxanas e salvaxes terras de Alaska, fotografiando aos osos pescando en plena e idílica natureza

GUÍA OFICIAL NA VILA DO ROSAL DA EXPERIENCIA ECOTUR DE UNIMINHO

Explicacións da Cultura Cabaqueira no Centro Etnográfico, visita aos muíños do Folón e aos petróglifos de Ghorghalado en Eiras

PRESENTACIÓN DE TODAS AS CATEGORÍAS DO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN

O Restaurante Juan (O Rosal) acolleu este acto deportivo no que se presentou un por un a todos os xogadores/as para a tempada 2015-2016

MES DE RODAJE Y VIAJE POR NEW YORK, MONTREAL (CANADÁ) Y ALASKA (ESTADOS UNIDOS)

En la imagen, Juan Ramón desplegando orgulloso la bandera de O Rosal con la Estatua de la Libertad al fondo (Liberty Island-New York)

A II ANDAINA 10K O ROSAL FEIRA DO VIÑO VISITA O TAMUXE E AS ACEÑAS

Os participantes na andaina posando para a posteridade na área recreativa do Muíño das Aceñas (San Miguel de Tabagón)

O ACANOR ATLÉTICO NOVÁS PRESENTOUSE AO GRANDE ANTE A SÚA AFECCIÓN

Na imaxe, presentando ao xogador David Lechuga e ao novo adestrador do primeiro equipo, “Jota”, na balconada do Concello do Rosal

PRESENTACIÓN DA II EDICIÓN DA CARREIRA E ANDAINA 10K O ROSAL FEIRA DO VIÑO, 2015

Con Serafín Martínez Acevedo, coordinador da 10k O Rosal, na presentación da XXIII Feira do Viño do Rosal que tivo lugar na Abadía das Eiras

BORJA OUBIÑA, CAPITÁN DO REAL CLUB CELTA DE VIGO, ANUNCIA A SÚA RETIRADA

Na imaxe, entrevistando a Oubiña para a canle de Miño Films TV, na presentación da pasada edición da carreira e andaina 15k del Atlántico

PRESENTACIÓN DA PLANTILLA DO CLUB CICLISTA O ROSAL PARA A TEMPADA 2015

O evento serviu como homenaxe ao ciclista Raúl Fernández. Na imaxe, co seu compañeiro Toñi Portela, autoridades municipais e plantilla do Club

1ª ANDAINA DE SANTA CRUZ A SAN LOURENZO (A GUARDA- O ROSAL –GOIÁN, TOMIÑO)

Juan Ramón foi o guía do concello do Rosal nesta camiñada organizada polos tres municipios baixomiñotos e que se celebrou o 21 de febreiro

PRESENTADOR-SPEAKER DA CARREIRA E ANDAINA “I SAN SILVESTRE O ROSAL”

Organizada polo Club de Atletismo Manuel Suárez Marquier e o Concello, a San Silvestre reuniu a máis de 300 participantes

A ANDAINA 15K REÚNE A MÁIS DE 150 PERSOAS, PERCORRENDO OIA, O ROSAL E A GUARDA

A segunda edición do evento deportivo-cultural “ 15k del Atlántico” superou os 800 participantes. O atleta Pedro Nimo volveu a vencer na carreira

PRESENTACIÓN OFICIAL DE LA CARRERA Y LA ANDAINA “15K DEL ATLÁNTICO"

En la imagen, intervención de Juan Ramón, junto a los deportistas Serafín Martínez, Borja Oubiña y los alcaldes de O Rosal, A Guarda y Oia.

JUAN RAMÓN E CRISTÓBAL COÍMBRA CREAN A PRODUTORA AUDIOVISUAL “MIÑO FILMS”

Miño Films traballa para particulares, empresas e medios de comunicación, gravando eventos culturais e deportivos, spots publicitarios, festas, etc.

COS DEPORTISTAS ÓSCAR VICENTE E SERAFÍN MARTÍNEZ NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Entrevista na Radio Municipal de Tui como coordinadores da primeira edición do evento deportivo-cultural 10k O Rosal Feira do Viño

ENTREVISTA PARA O PROGRAMA “DESDE GALICIA PARA EL MUNDO” (TVE INTERNACIONAL)

Juan Ramón foi entrevistado para o coñecido programa do Canal Internacional de TVE sobre os 67 Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO, O ROSAL 2014

Na imaxe, Juan Ramón, presentador desta segunda Gala do Deporte 2011-2014, dando a benvida aos homenaxeados/as e público asistente

O ROSAL HOMENAXEA AOS SEUS DEPORTISTAS. II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

Este sábado 12 de abril presentará no Auditorio Municipal a gala onde se premiarán aos deportistas máis destacados entre os anos 2011 e 2014

RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA, DISPUTARÁ O MUNDIAL DE CICLOCROSS 2014

Na imaxe, Raúl con Juan Ramón, na recepción oficial que se lle ofreceu no Rosal tras as súas vitorias en Dumbría (A Coruña) e Segorbe (Castellón)

XUNTANZA DOS MEMBROS DO INSTITUTO DE ESTUDIOS TUDENSES NA ÁREA PANORÁMICA

De esquerda a dereita: Rafael Sánchez Bargiela, Marta Cendón Fernández, Silvia González Soutelo, Juan Ramón, Xavier Añoveros Trías de Bes, Ernesto Iglesias Almeida, Antonio Hernández Matías, Jaime Garrido Rodríguez, Clodio González Pérez e Xoán Martínez Tamuxe.

MÁXIMO ESPECTÁCULO E NIVELAZO NO V CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS

De pé: Gera, Dani, Galis, Ángel, Sevi, Gus, Yors, José, Xián, 29, Tuka e Luis. Abaixo: Trinta, Ruth, Pipu, Juan, Frony, Dieguito, Diego e Yeya

PRESENTACIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO” NO TALASO (MOUGÁS-OIA)

Na Praza do Calvario (O Rosal) con Serafín Martínez Acevedo, exciclista profesional e coordinador desta fermosa carreira pola costa

NORABOA A YOEL, PORTEIRO DO REAL CLUB CELTA DE VIGO (PRIMEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL)

Na imaxe, co cancerbeiro vigués, titular do equipo olívico nesta tempada 2013/2014, nunha recente visita realizada a O Rosal

II CHURRASCOPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2013. CHURRASCO, FUTBOLÍN E TUTE

Na imaxe, os participantes que disfrutaron desta segunda edición do “Churrascopen”, celebrada no Bar Troya (Marzán-O Rosal)

BEMBRIVE (VIGO) ACOLLEU A II EDICIÓN DE GALICIA AWARDS CACHE 2013

Por segundo ano consecutivo a Organización do evento de Geocaching volveu a elixir a Juan Ramón como presentador da gala de premios

JUAN RAMÓN INTERVIU NO PROGRAMA “DESCUBRINDO O BAIXO MIÑO” DA RMT

Na imaxe, co director da emisora, José Font Moldes e cos seus compañeiros, os historiadores Suso Vila, Xoán M. Tamuxe e Rafael S. Bargiela

O ROSAL ACOLLEU O IV CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS 2012

Na imaxe, os 26 xogadores/as que participaron neste evento do XXV aniversario da Festa na honra dos Mestres telleiros do Baixo Miño

ENTREVISTA A ÓSCAR VICENTE RODRÍGUEZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIATLÓN 2012

Na imaxe, co triatleta rosaleiro, que foi recibido no Concello polo Alcalde, a tenente de Alcalde e a concelleira de Cultura

JUAN RAMÓN FOI O PRESENTADOR DA I EDICIÓN DE GALICIAN AWARDS CACHE 2012

Na imaxe, en Bembrive (Vigo), geocachers, participantes e organizadores desta entrega de premios aos mellores tesouros (cachés) de Galicia

O EQUIPO FORNELOS/CRUCES, CAMPIÓN DO III OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012. BAR TROYA

Sergio Diego Fernández (Frony) e Carlos Álvarez Antúnez (Sevi) foron os vencedores deste torneo no que participaron 32 xogadores/as

NO XXXIII FESTIVAL DE PARDIÑAS (GUITIRIZ) E NAS XCIX FESTAS DO MONTE (A GUARDA)

Na imaxe, comezando a romaría ao Monte Santa Trega con Olalla, Luis, Pedro e Juan, tras asistir á VI Festa do Percebe de Viladesuso (Oia)

JUAN RAMÓN PARTICIPOU NA HOMENAXE DO ROSAL A FLORINDO ÁLVAREZ MARTÍNEZ

Na imaxe, recitando “Sueño poético de mi Marzán” da autoría de Florindo Álvarez Martínez, coñecido popularmente como Floro de Pancenteo

AGRADECEMENTO Á COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA DE BAÍÑA

Este sábado 2 de xuño fomos convidados a unha xuntanza-sardiñada no Centro Social e Cultural de Santa Mariña de Baíña (Baiona)

VILAMEÁN ACOLLEU A PRESENTACIÓN DO LIBRO SOBRE OS MUÍÑOS DO PORTO

Na imaxe, os autores con Celso Fernández, presidente da Comunidade de Montes e con Rosa Dopazo, alcaldesa pedánea

JUAN RAMÓN PRESENTOU O I RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

O acto celebrouse o 20 de febreiro de 2011 no Auditorio Municipal, homenaxeando a deportistas e clubs da vila

TAMUXE E JUAN RAMÓN PRESENTAN O LIBRO SOBRE OS MUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN

Os autores estiveron acompañados polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o Alcalde do Rosal, Jesús Mª Portela

PRESENTACIÓN DO LIBRO SOBRE A MADANELA (BURGUEIRA E BARRANTES)

Na imaxe, o presidente e o secretario da Comunidade de Montes de Barrantes, cos autores

DENDE 2005 VEN REALIZANDO RUTAS GUIADAS POLOS MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN

Na imaxe, coas alumnas da Escola Superior de Turismo Welton, de Vigo, ao pé da carreira de Martín, no sector medio dos muíños do Folón

JUAN RAMÓN, UN DOS REPRESENTANTES DO CONCELLO DO ROSAL NA XXX EDICIÓN DE FITUR

Na imaxe, en Madrid, na Feria Internacional de Turismo, coa actriz galega María Castro, unha das “madriñas” do Camiño Portugués pola Costa

EN 2009 CREA O I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN NA HONRA DOS MESTRES CABAQUEIROS

Na imaxe, xogadores, colaboradores e telleiros pousando durante a entrega de premios na Festa do Cabaqueiro 2010

JUAN RAMÓN É O GUÍA DAS ANDAINAS CULTURAIS “O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO”

Na imaxe, os participantes da andaina eclesiástica de abril do pasado ano, diante da capela de San Vicente (Marzán)

Mostrando entradas con la etiqueta Libros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Libros. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de febrero de 2016

As Escritoras/es en Lingua Galega, a polo 2016


Asinando o libro dos Muíños do Folón, escrito na compaña de Xoán Martínez Tamuxe

Boas a todos/as!

Coméntovos nesta nova entrada, que a nosa activa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) "celebrou na mañá do sábado 13 de febreiro a súa Asemblea Xeral de socios/as, que acordou outorgar a Dolores Macías Pose, e a Mini e Mero os PremiosMestres/as da Memoria 2016, galardóns que se entregarán na I Gala dos Premios Mestres e Mestras da Memoria a celebrar en Lugo o 19 de marzo.

Tamén o nome do Escritor/a Galego/a Universal 2016, distinción que recollerá Pere Gimferrer na I Gala do Libro Galego que terá lugar o 14 de maio na cidade de Santiago de Compostela. 

Así mesmo, acordouse que Helena Villar Janeiro sexa a próxima “Escritora na súa Terra – Letra E” e, por tanto, quen reciba unha homenaxe que este ano chega á súa vixésimo segunda edición; será no mes de xuño no Concello de Rianxo.

Aprobouse o programa de actividades para o ano, que inclúe como a máis próxima a celebración do vindeiro Día de Rosalía de Castro; o programa aposta por continuar con actividades de traxectoria xa asentada e de alcance social como son os paseos literarios ou os obradoiros da escola de escritoras e escritores.


Tamén a organización ou corganización de xornadas de formación dirixidas ao estudo das diferentes formas de crear literatura contemporánea desde os espazos de formación de novos formadores/educadores/mediadores da lectura. Igualmente se reforza o proxecto coordinado pola sección de Literatura Oral coa celebración dunha gala dos premios mestres e mestras da memoria e a través da celebración de novas polafías e dunha nova edición, a novena, da xornada de literatura de tradición oral.

Asemade, a visibilidade da escritora e do escritor a través da web continuará a ser un eixo central da actuación da entidade co enriquecemento do espazo común e mais de cada páxina individual con que cada socia/o conta no centro de documentación da web da aelg.

Tamén se acordou a incorporación de tres novas vogalías ao Consello Directivo da AELG, as de Ledicia Costas por Vigo, Ramiro Torres como responsábel de comunicación, e mais Afonso Becerra como vogal de literatura dramática.

Anunciouse a creación dunha Sección de Literatura Dramática e confirmouse a participación activa da AELG na plataforma Seguir creando".



Por certo, teño que agradecer e lembrar antes de rematar este post, que en marzo deste 2016 fará un ano que dende a Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega me elixiran "Autor da semana" no facebook. Prometo, pois, seguir traballando e escribindo en prol da nosa cultura, do noso patrimonio e das nosas xentes. 

¡Ata a próxima! ¡Saúde para todos/as! ¡Bicos e apertas!

miércoles, 13 de enero de 2016

Julio Sesto, o escritor máis ilustre de O Rosal


Quero comezar este ano 2016 lembrando a figura de Julio Sesto, o máis ilustre escritor na historia da nosa vila. Para isto temos que consultar, inevitablemente, a súa biografía publicada na Gran Enciclopedia Gallega e realizada polo investigador -tamén rosaleiro- Xoán Martínez Tamuxe.

Transcribimos e traducimos ao galego o que alí se di do noso escritor máis universal:

"Julio Sesto naceu no Rosal (Pontevedra) o 10 de xullo de 1879 e faleceu en San Ángel (México) o 5 de maio de 1960. 

Seudónimo literario do escritor e poeta Julio Manuel Vicente Sesto. En 1895 emigra a Puerto Rico, onde amplía os seus estudos e en 1897 parte para México, país no que fixa a súa residencia dende 1901, comezando a súa etapa literario-xornalística no diario El Imparcial e continuándoa en El Correo Español e o Diario del Hogar. 

Salta á fama en 1909 coa publicación no Diario de la Marina, da Habana, do poema Las Abandonadas. Durante a súa estadía en España (1911) foi redactor de El Liberal e colaborador de Blanco y Negro, Nuevo Mundo e Ilustración Española y Americana, entre otros. 

A partir de 1917 abandona o xornalismo para dedicarse ao seu labor como escritor, que vai dende a investigación á poesía, dende o teatro á socioloxía, pasando pola historia e a biografía, sendo, ademais, un destacado conferenciante.

Ante a notoria personalidade de Julio Sesto, o hispanista Paravicini, primeiro (1917), como logo (1920) Alfonso Caravioto e José Vasconcelos, nomeáronlle profesor de Literatura e Lengua castelás na Universidade Nacional de México, cargo do que Sesto dimitiu poucos anos despois.

En determinado momento político actuou como “intermediario diplomático” en diferentes cuestións entre España e México, cuxas diferenzas e alonxamento lamentou sempre o escritor.

Julio Sesto fundou en 1971, e tamén dirixiu, a revista ilustrada Tricolor, e catro anos antes creara a importante editorial “El Libro Español S.A.”, na que só se publicaban libros en castelán.

A súa obra literaria está representada por máis de 25 títulos publicados en México e España, aparte dunhas 10 obras inéditas. 

Das súas publicacións é obrigado destacar:

-Ensayos:  
El Pensamiento en América, 4 vol.
Psicología Amorosa
El México de Porfirio Díaz
La Bohemia de la muerte
Las Abejas del Rosal

-Poesía: 
Azulejos (México, 3ª ed., 1942)
Cactus (id., 1921)
Cálices (id., 1940)
El libro que canta  (íd, 1949)
O libriño da ialma (Vigo, 1958)

-Novela: 
La tórtola del Ajusto (México, 4ª ed., 1951)
La casa de las Bugambilias (Barcelona, 4ª ed., 1947)
Cómo ardían los muertos (México, 1955)
La Sangre de España (íd., 1937)
La ciudad de los Palacios (íd. 1958)         
La emperatriz morena (íd. 1957)
Las Abandonadas (íf., 1908)
La Reina de Acapulco (íd. 1935)
Mamacita linda…! (íd. 1927)

Julio Sesto preparaba as súas memorias, cuxa primicia adiantara xa, a través de publicacións na prensa, baixo o título de Las colaboraciones, cando se quitou a vida na súa finca de San Ángel (México). Varias das súas obras foron levadas ao cine". 


Hai que destacar que o Concello do Rosal homenaxeou a Julio Sesto en 1979 coa erección dun monumento na súa honra (obra de Xoán Piñeiro) no centenario do seu nacemento, dedicándolle unha rúa que aínda conserva o seu nome na actualidade.

Cónstanos que Xoán Martínez Tamuxe está ultimando -entre outros traballos- unha ampla biografía de Julio Sesto, en forma de libro, que está á espera de patrocinio para poder ser publicada.

jueves, 16 de julio de 2015

II edición do Festival Intercéltico de Baíña


Aínda que por motivos laborais non poida estar presente, si o farei de forma "espiritual". A verdade, unha mágoa non poder asistir este sábado 18 de xullo á II edición do Festival Intercéltico de Baíña (Baiona-Pontevedra). 

Tal e como se pode ler en BaionaTV, contará coas actuacións "de Mickey Dunne (Ireland), Bon Tastu (Asturies), Vallama (Cantabria/Castilla & León), Pelepau (Galiza) y Ardentía (Galiza). Será a partir de las 21:30 horas en el Campo de Fútbol de Baíña, con entrada gratuita. Además, el festival es solidario, se recogerán alimentos no perecederos para la ONG Ayuda al Mundo Necesitado de Baiona".


¡De parte de Tamuxe e miña, unha forte aperta aos nosos amigos de Santa Mariña de Baíña! Parece mentira que xa pasaran case que 7 anos da publicación do libro... ¡Vaia se o tempo voa! 

¡Saúdos a todos/as!

miércoles, 7 de mayo de 2014

3º aniversario da publicación do meu último libro


Hoxe, 7 de maio, cúmprense exactamente tres anos da presentación oficial ao público do libro Muíños do Porto en fervenza, patrimonio etnográfico de Vilameán-Tomiño, que, xunto a Xoán Martínez Tamuxe, escribín en 2011.


Aínda lembro, como se fora hoxe, a festaza que "armaron" en torno ao "carballo de Vilameán", con visita aos Muíños e churrascada incluída.



Dende aquí, e tamén no nome de Tamuxe, o noso sincero agradecemento e un cordial saúdo para os membros da Comunidade de Montes e da Asociación Cultural "Muíños do Porto", en especial para Celso Fernández Claro, José Antonio Almeida Calzado, Fernando Martínez González, Felipe Martínez Rafael e Rosa Dopazo Rodríguez.

martes, 22 de abril de 2014

23 de abril, Día do Libro. Descubre #engalegoleo



Este mércores 23 de abril celébrase en todo o mundo o Día do Libro. (Por suposto, recoméndovos que leades os catro libros que escribín -en galego- xunto con Xoán Martínez Tamuxe).


Segundo me comunican dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, "conscientes da relevancia desta data e da importancia do libro e da lectura no conxunto da cidadanía, a AELG xunto á Compañía de Radio Televisión de Galicia e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), botan a andar unha iniciativa a través da web da CRTVG e de Twitter que, baixo o hastag #engalegoleo, pretende animar o conxunto da cidadanía a recomendar un libro en galego, a explicar por que lles gusta ler, que é a literatura para cada un..."


"En definitiva, trátase de darlle, no Día do Libro, protagonismo esencial á lectura como unha fonte de pracer e compartilo co resto dos internautas-lectores/as-escritores/as que ese día queiran participar".


"A páxina web de referencia é ésta, pero pódese acceder a través do dominio xeral (crtvg.es) desde un banner habilitado para tal efecto". 

¡Bicos e apertas para todos/as... e a ler en galego!

jueves, 3 de octubre de 2013

HOXE RECOMÉNDOVOS O LIBRO "ANTES Y AHORA", DO GUARDÉS EMILIO ROLÁN



Estes días, nos ratiños libres que tiven, rematei por fin a lectura do libro Antes y Ahora, da autoría do profesor e doutor guardés Emilio Rolán Mosquera: "Una visión de cómo era la vida en Galicia hace 60 años (A Guarda y Caldas de Reis), vista por un niño y contada por un viejo".


A obra está dedicada aos seus netos Eric e Carlos, así como a "otros niños de su edad". Pola miña banda, tamén aproveitei para que me botara unha firmiña alá por 2007 cando asistín á presentación do seu libro na sede de ANABAM. 


A miña noraboa para Emilio Rolán por plasmar perfectamente nas preto de 200 páxinas da publicación, unha boa parte da situación de Galicia e os seus habitantes na metade do século XX, pois fala de case que todo: a televisión, a música, as costumes, a política, o estudo, o deporte, o mar, a pesca, a relixión, a educación, a natureza, a morte, a muller... 

Sen dúbida, libro recomendable e ameno 100%.




jueves, 3 de marzo de 2011

A obra histórico-literaria de Juan Ramón


(Foto: Hernández // Concello de Ponteareas)

Juan Ramón Martínez Barbosa ten publicado diferentes artigos en folletos, revistas e libros de festas, colaborando asiduamente con colaboracións literarias e gráficas en xornais como Faro de Vigo, La Voz de Galicia ou Atlántico Diario.


É coautor dos seguintes libros, na compaña do escritor e investigador Xoán Martínez Tamuxe:



•Muíños do Porto en fervenza, patrimonio etnográfico de Vilameán - Tomiño (2011).

Na actualidade -e dende maio de 2008- segue redactando e dirixindo a web cultural e deportiva Noticias O Rosal, con miles de seguidores nas redes sociais.



Un ponteareán, autor do monumento a Frei Rosendo Salvado é o seu artigo máis recente, publicado na revista internacional Pregón.