III EDICIÓN DO CONCURSO DE XOVES INTÉRPRETES ANTONIO GRANJA 2016

Juan Ramón foi o presentador deste certame, organizado pola Agrupación Musical do Rosal que preside Iván Diego Martínez

PRESENTADOR DO II CONCURSO VECIÑAL DA TORTILLA DE PATACA (PÍAS-O ROSAL)

Este orixinal e divertido evento sociogastronómico serviu de inauguración dos actos e festexos da tradicional Feira de San Gregorio

REPORTAXE DE FÁUNICAS DO NOSO ENCONTRO COS OSOS EN KODIAK E KATMAI (ALASKA)

Incrible experiencia a vivida nas lonxanas e salvaxes terras de Alaska, fotografiando aos osos pescando en plena e idílica natureza

GUÍA OFICIAL NA VILA DO ROSAL DA EXPERIENCIA ECOTUR DE UNIMINHO

Explicacións da Cultura Cabaqueira no Centro Etnográfico, visita aos muíños do Folón e aos petróglifos de Ghorghalado en Eiras

PRESENTACIÓN DE TODAS AS CATEGORÍAS DO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN

O Restaurante Juan (O Rosal) acolleu este acto deportivo no que se presentou un por un a todos os xogadores/as para a tempada 2015-2016

MES DE RODAJE Y VIAJE POR NEW YORK, MONTREAL (CANADÁ) Y ALASKA (ESTADOS UNIDOS)

En la imagen, Juan Ramón desplegando orgulloso la bandera de O Rosal con la Estatua de la Libertad al fondo (Liberty Island-New York)

A II ANDAINA 10K O ROSAL FEIRA DO VIÑO VISITA O TAMUXE E AS ACEÑAS

Os participantes na andaina posando para a posteridade na área recreativa do Muíño das Aceñas (San Miguel de Tabagón)

O ACANOR ATLÉTICO NOVÁS PRESENTOUSE AO GRANDE ANTE A SÚA AFECCIÓN

Na imaxe, presentando ao xogador David Lechuga e ao novo adestrador do primeiro equipo, “Jota”, na balconada do Concello do Rosal

PRESENTACIÓN DA II EDICIÓN DA CARREIRA E ANDAINA 10K O ROSAL FEIRA DO VIÑO, 2015

Con Serafín Martínez Acevedo, coordinador da 10k O Rosal, na presentación da XXIII Feira do Viño do Rosal que tivo lugar na Abadía das Eiras

BORJA OUBIÑA, CAPITÁN DO REAL CLUB CELTA DE VIGO, ANUNCIA A SÚA RETIRADA

Na imaxe, entrevistando a Oubiña para a canle de Miño Films TV, na presentación da pasada edición da carreira e andaina 15k del Atlántico

PRESENTACIÓN DA PLANTILLA DO CLUB CICLISTA O ROSAL PARA A TEMPADA 2015

O evento serviu como homenaxe ao ciclista Raúl Fernández. Na imaxe, co seu compañeiro Toñi Portela, autoridades municipais e plantilla do Club

1ª ANDAINA DE SANTA CRUZ A SAN LOURENZO (A GUARDA- O ROSAL –GOIÁN, TOMIÑO)

Juan Ramón foi o guía do concello do Rosal nesta camiñada organizada polos tres municipios baixomiñotos e que se celebrou o 21 de febreiro

PRESENTADOR-SPEAKER DA CARREIRA E ANDAINA “I SAN SILVESTRE O ROSAL”

Organizada polo Club de Atletismo Manuel Suárez Marquier e o Concello, a San Silvestre reuniu a máis de 300 participantes

A ANDAINA 15K REÚNE A MÁIS DE 150 PERSOAS, PERCORRENDO OIA, O ROSAL E A GUARDA

A segunda edición do evento deportivo-cultural “ 15k del Atlántico” superou os 800 participantes. O atleta Pedro Nimo volveu a vencer na carreira

PRESENTACIÓN OFICIAL DE LA CARRERA Y LA ANDAINA “15K DEL ATLÁNTICO"

En la imagen, intervención de Juan Ramón, junto a los deportistas Serafín Martínez, Borja Oubiña y los alcaldes de O Rosal, A Guarda y Oia.

JUAN RAMÓN E CRISTÓBAL COÍMBRA CREAN A PRODUTORA AUDIOVISUAL “MIÑO FILMS”

Miño Films traballa para particulares, empresas e medios de comunicación, gravando eventos culturais e deportivos, spots publicitarios, festas, etc.

COS DEPORTISTAS ÓSCAR VICENTE E SERAFÍN MARTÍNEZ NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Entrevista na Radio Municipal de Tui como coordinadores da primeira edición do evento deportivo-cultural 10k O Rosal Feira do Viño

ENTREVISTA PARA O PROGRAMA “DESDE GALICIA PARA EL MUNDO” (TVE INTERNACIONAL)

Juan Ramón foi entrevistado para o coñecido programa do Canal Internacional de TVE sobre os 67 Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO, O ROSAL 2014

Na imaxe, Juan Ramón, presentador desta segunda Gala do Deporte 2011-2014, dando a benvida aos homenaxeados/as e público asistente

O ROSAL HOMENAXEA AOS SEUS DEPORTISTAS. II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

Este sábado 12 de abril presentará no Auditorio Municipal a gala onde se premiarán aos deportistas máis destacados entre os anos 2011 e 2014

RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA, DISPUTARÁ O MUNDIAL DE CICLOCROSS 2014

Na imaxe, Raúl con Juan Ramón, na recepción oficial que se lle ofreceu no Rosal tras as súas vitorias en Dumbría (A Coruña) e Segorbe (Castellón)

XUNTANZA DOS MEMBROS DO INSTITUTO DE ESTUDIOS TUDENSES NA ÁREA PANORÁMICA

De esquerda a dereita: Rafael Sánchez Bargiela, Marta Cendón Fernández, Silvia González Soutelo, Juan Ramón, Xavier Añoveros Trías de Bes, Ernesto Iglesias Almeida, Antonio Hernández Matías, Jaime Garrido Rodríguez, Clodio González Pérez e Xoán Martínez Tamuxe.

MÁXIMO ESPECTÁCULO E NIVELAZO NO V CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS

De pé: Gera, Dani, Galis, Ángel, Sevi, Gus, Yors, José, Xián, 29, Tuka e Luis. Abaixo: Trinta, Ruth, Pipu, Juan, Frony, Dieguito, Diego e Yeya

PRESENTACIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO” NO TALASO (MOUGÁS-OIA)

Na Praza do Calvario (O Rosal) con Serafín Martínez Acevedo, exciclista profesional e coordinador desta fermosa carreira pola costa

NORABOA A YOEL, PORTEIRO DO REAL CLUB CELTA DE VIGO (PRIMEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL)

Na imaxe, co cancerbeiro vigués, titular do equipo olívico nesta tempada 2013/2014, nunha recente visita realizada a O Rosal

II CHURRASCOPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2013. CHURRASCO, FUTBOLÍN E TUTE

Na imaxe, os participantes que disfrutaron desta segunda edición do “Churrascopen”, celebrada no Bar Troya (Marzán-O Rosal)

BEMBRIVE (VIGO) ACOLLEU A II EDICIÓN DE GALICIA AWARDS CACHE 2013

Por segundo ano consecutivo a Organización do evento de Geocaching volveu a elixir a Juan Ramón como presentador da gala de premios

JUAN RAMÓN INTERVIU NO PROGRAMA “DESCUBRINDO O BAIXO MIÑO” DA RMT

Na imaxe, co director da emisora, José Font Moldes e cos seus compañeiros, os historiadores Suso Vila, Xoán M. Tamuxe e Rafael S. Bargiela

O ROSAL ACOLLEU O IV CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS 2012

Na imaxe, os 26 xogadores/as que participaron neste evento do XXV aniversario da Festa na honra dos Mestres telleiros do Baixo Miño

ENTREVISTA A ÓSCAR VICENTE RODRÍGUEZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIATLÓN 2012

Na imaxe, co triatleta rosaleiro, que foi recibido no Concello polo Alcalde, a tenente de Alcalde e a concelleira de Cultura

JUAN RAMÓN FOI O PRESENTADOR DA I EDICIÓN DE GALICIAN AWARDS CACHE 2012

Na imaxe, en Bembrive (Vigo), geocachers, participantes e organizadores desta entrega de premios aos mellores tesouros (cachés) de Galicia

O EQUIPO FORNELOS/CRUCES, CAMPIÓN DO III OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012. BAR TROYA

Sergio Diego Fernández (Frony) e Carlos Álvarez Antúnez (Sevi) foron os vencedores deste torneo no que participaron 32 xogadores/as

NO XXXIII FESTIVAL DE PARDIÑAS (GUITIRIZ) E NAS XCIX FESTAS DO MONTE (A GUARDA)

Na imaxe, comezando a romaría ao Monte Santa Trega con Olalla, Luis, Pedro e Juan, tras asistir á VI Festa do Percebe de Viladesuso (Oia)

JUAN RAMÓN PARTICIPOU NA HOMENAXE DO ROSAL A FLORINDO ÁLVAREZ MARTÍNEZ

Na imaxe, recitando “Sueño poético de mi Marzán” da autoría de Florindo Álvarez Martínez, coñecido popularmente como Floro de Pancenteo

AGRADECEMENTO Á COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA DE BAÍÑA

Este sábado 2 de xuño fomos convidados a unha xuntanza-sardiñada no Centro Social e Cultural de Santa Mariña de Baíña (Baiona)

VILAMEÁN ACOLLEU A PRESENTACIÓN DO LIBRO SOBRE OS MUÍÑOS DO PORTO

Na imaxe, os autores con Celso Fernández, presidente da Comunidade de Montes e con Rosa Dopazo, alcaldesa pedánea

JUAN RAMÓN PRESENTOU O I RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

O acto celebrouse o 20 de febreiro de 2011 no Auditorio Municipal, homenaxeando a deportistas e clubs da vila

TAMUXE E JUAN RAMÓN PRESENTAN O LIBRO SOBRE OS MUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN

Os autores estiveron acompañados polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o Alcalde do Rosal, Jesús Mª Portela

PRESENTACIÓN DO LIBRO SOBRE A MADANELA (BURGUEIRA E BARRANTES)

Na imaxe, o presidente e o secretario da Comunidade de Montes de Barrantes, cos autores

DENDE 2005 VEN REALIZANDO RUTAS GUIADAS POLOS MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN

Na imaxe, coas alumnas da Escola Superior de Turismo Welton, de Vigo, ao pé da carreira de Martín, no sector medio dos muíños do Folón

JUAN RAMÓN, UN DOS REPRESENTANTES DO CONCELLO DO ROSAL NA XXX EDICIÓN DE FITUR

Na imaxe, en Madrid, na Feria Internacional de Turismo, coa actriz galega María Castro, unha das “madriñas” do Camiño Portugués pola Costa

EN 2009 CREA O I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN NA HONRA DOS MESTRES CABAQUEIROS

Na imaxe, xogadores, colaboradores e telleiros pousando durante a entrega de premios na Festa do Cabaqueiro 2010

JUAN RAMÓN É O GUÍA DAS ANDAINAS CULTURAIS “O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO”

Na imaxe, os participantes da andaina eclesiástica de abril do pasado ano, diante da capela de San Vicente (Marzán)

Mostrando entradas con la etiqueta Gravados rupestres / petróglifos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Gravados rupestres / petróglifos. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de febrero de 2016

Colaboración gráfica para "La Voz de Galicia"


Velaquí vos deixo a miña última colaboración gráfica para un medio de comunicación. Desta vez son tres imaxes para a revista El Comarcal de O Val Miñor, O Baixo Miño y A Louriña de La Voz de Galicia, que ilustran a noticia "El petroglifo de Eiras, un tesoro oculto de la Edad de Cobre", da autoría da xornalista Míriam Vázquez Fraga.


Nesta extensa crónica faise un resumo do descubrimento e conseguinte posta en valor do petróglifo de Ghorghalado, na parroquia rosaleira de San Bartolomeu de Eiras, que vén de ser presentado recentemente ao público.

martes, 3 de noviembre de 2015

Descubre o petróglifo de Ghorghalado (Eiras)


Segundo me comunican dende o Concello do Rosal, este mes de novembro rematarán as obras de "recuperación e posta en valor do petróglifo de Ghorghalado" sito na parroquia de San Bartolomeu das Eiras.

Con este motivo, o vindeiro sábado 12 de decembro realizarase unha visita guiada a cargo do arqueólogo da Diputación Provincial, Antonio Castro Rozados, director da intervención, sendo o punto de encontro en Adegas Valmiñor (15:30 horas).

Inscricións e máis información, no teléfono 986 62 50 00.


jueves, 11 de junio de 2015

Artigo sobre gravados rupestres en "Soberosum"

Escritores/as, alcalde e concelleiro de Cultura de Ponteareas na presentación. (Foto: Hernández)

Onte, mércores 10 de xuño, fun novamente convidado polo Concello de Ponteareas, desta vez para asistir á presentación de "Soberosum". Revista de Estudos Municipais, na que colaborei literariamente, xunto con Xoán Martínez Tamuxe, co artigo de carácter arqueolóxico titulado "Algúns gravados rupestres en Mouriscados e Uma".



Un pracer e unha honra poder escribir e aportar o meu -o noso- graniño de area a esta publicación ponteareá (a nº 4, de case 400 páxinas), que tamén conta coa firma de recoñecidos investigadores como -entre outros- Clodio González Pérez, Andrés Sampedro Fernández, Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez, Francisco Candeira Mosquera, Michael Skinner, etc, etc.


O que digo sempre e me reafirmo cada vez máis: cando "fóra" contan contigo, te tratan de forma exquisita e te invitan a colaborar en libros e revistas desta categoría, un sae deste tipo de actos botando de menos un pouco máis de sensibilidade cultural e respecto preto da casa. 

Está claro que, cando hai interese polo noso, querer é poder. Pero -como di o refrán- de onde non hai... ( )

¡Noraboa ao Concello de Ponteareas!

lunes, 12 de agosto de 2013

VISITA CO ESCULTOR JULIO MARTÍNEZ AOS IMPRESIONANTES PETRÓGLIFOS DO TETÓN



O pasado venres 9 de agosto, despois de asistir no pavillón municipal do Rosal aos actos da I Xuntanza do Mecalia Atlético Novás, achegueime ata a vila de Tomiño.


Concretamente fun na compaña do amigo Julio Martínez Martínez, escultor rosaleiro, a un "interesante e moi divertido coloquio" sobre gravados rupestres celebrado diante da casa do concello de Tomiño e a unha visita nocturna que nos levou a coñecer dunha singular maneira os petróglifos do Monte Tetón.


Este evento, que estivo organizado polo municipio tomiñés e polo Instituto de Estudos Miñoranos, contou coa dirección e explicacións oportunas de Xosé Lois Vilar Pedreira, historiador, arqueólogo e subdirector do IEM, ademais da colaboración de diferentes membros deste colectivo.


Felicitar dende aquí aos organizadores e promotores deste tipo de actividades socioculturais, xa que sen dúbida enriquecen en gran medida a sabedoría popular da xente da Comarca. 


Ademais, fai ser consciente dunha forma amena a todo aquel participante, da defensa que todos xuntos debemos realizar deste patrimonio de incalculable valor, obra dos nosos antepasados. 

De día, no petróglifo de Portaxes (Calcolítico-Idade do Bronce: 3000-2000 antes de Cristo).


viernes, 9 de agosto de 2013

HOXE, VISITA NOCTURNA AOS PETRÓGLIFOS DO MONTE TETÓN (TEBRA-TOMIÑO)



Tal e como se pode ler na páxina web do Instituto de Estudos Miñoranos, "este venres 9 de agosto terá lugar unha nova Xeira de arte rupestre no Ecoparque Arqueolóxico Monte Tetón, situado na parroquia de Tebra (Tomiño)".


O arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira, subdirector do IEM, será o encargado de guiar esta actividade, que dará comezo ás 22:30 horas na casa do Concello de Tomiño e onde tamén terá lugar un coloquio sobre petróglifos.


Posteriormente -seguimos lendo- os participantes "poderán visitar o Monte Tetón, nun percorrido que rematará na estación As Portaxes, na que se atopa o maior gravado de círculos concéntricos coñecido así como unha importante escolma de representacións esquemáticas e naturalistas. A actividade está organizada polo IEM e o Concello de Tomiño".


Nas imaxes, na compaña do meu pai, Xoán Martínez Tamuxe, precisamente no petróglifo de Portaxes (Calcolítico-Idade do Bronce: 3000-2000 antes de Cristo).

martes, 6 de agosto de 2013

VISITA NOCTURNA AOS PETRÓGLIFOS DA PEDREIRA E DA POUSADELA (OIA)



Segundo comunica ACAMO (Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Oia) este sábado 10 de agosto celebrarase unha visita nocturna ao petróglifo da Pedreira, en Santa María de Oia e da Pousadela en Pedornes.

Esta visita será guiada por membros de ACAMO, sendo a saída ás 21:30 horas dende a Praza da Centinela, en Santa María de Oia, xunto á Oficina de Turismo.

Para inscribirse nesta andaina (2 €), pode facerse a través do email da oficina de turismo, oit.concelloia@gmail.com, na propia oficina ou no teléfono 986 36 22 25.

Velaquí vos deixo o enlace á crónica e a reportaxe fotográfica que realicei con motivo da presentación da Ruta Máxica de Oia.


jueves, 30 de mayo de 2013

HOXE TOCOU CAMIÑADA POLO TORROSO E VISITA AOS GRAVADOS DE EIRA DAS BRUXAS



Aínda que o día estaba "así-así" decidinme ben cedo a dar unha boa camiñada pola zona do Monte Torroso, entre os límites do Rosal e da Guarda (Pontevedra).


Aproveitei para, á vez de facer un pouco de exercicio, visitar algúns dos petróglifos da zona, como son o serpentiforme e coviña de "Eira das Bruxas" e observar unha vez máis os dous muíños naviculares que alí se atopan.


A pesares da néboa, puiden admirar impresionantes vistas cara ao mar, á costa e á desembocadura do Miño, co Trega e o porto da Guarda alá, en lontananza.


De novo, achegueime ata as curiosas figuras gravadas na pedra fai anos polos escultores Pepe Antúnez Pousa, Félix G. Fidalgo e Alejandro Durán.


Non hai moito aínda lembraba Pousa que o que se pretendía crear con estas imaxes era "un pequeno recuncho de paz, tranquilidade, amizade, harmonía e ata de espiritualidade". 


jueves, 23 de mayo de 2013

XI ANDAINA DO ROSAL POLAS PARROQUIAS DE SAN XOÁN DE TABAGÓN E DAS EIRAS



O pasado sábado 11 de maio, ao igual que as dez anteriores edicións, guiei a "XI Andaina O Rosal. Coñece o teu concello, 2013" que percorreu as parroquias de San Xoán de Tabagón e San Bartolomeu das Eiras.


Con aproximadamente medio cento de participantes visitamos, en primeiro lugar, as Adegas Valmiñor, que foi o punto de partida desta ruta deportivo-cultural. Alí nos recibiron Elena e Alba, amosándonos as modernas instalacións desta adega acollida á Denominación de Orixe Rías Baixas. Dende aquí, o meu sincero agradecemento pola súa amabilidade e o seu exquisito trato.


Seguidamente e a poucos metros, coñecimos o petróglifo de Ghorgholado (manifestación rupestre de época prehistórica, cando menos da Idade do Bronce Final, 1200-100 a 700-600 antes de Cristo), os cruciformes das Ramallas, camiñamos ata a Capela da Magdalena (s.XII), a igrexa parroquial das Eiras (s. XVIII) e mesmo baixamos ata a coñecida praia fluvial.

A comezos da semana que vén publicarase na web do Concello do Rosal a reportaxe fotográfica deste evento e, a falta de confirmar o horario e o itinerario completo, a seguinte ruta, que será a "XII Andaina" terá lugar o sábado 8 de xuño, tamén de tarde.

lunes, 22 de octubre de 2012

VISITA AOS PETRÓGLIFOS DE LAXE DO LAPÓN E RUTA POLO CAMIÑO PORTUGUÉS DA COSTA



Hai uns días veño de dirixir unha visita guiada e un obradoiro para unha vintena de nenos/as do CPI Manuel Suárez Marquier, á zona dos petróglifos de Laxe do Lapón (Portecelo).


Iniciouse esta ruta no límite entre A Guarda e O Rosal, xusto no comezo do tramo rosaleiro do Camiño Portugués pola Costa a Santiago de Compostela.



Esta actividade estivo organizada polo Concello do Rosal, acompañándonos na visita a propia concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo, varios pais/nais dos pequenos e aínda algunhas veciñas de Portecelo que se uniron ao grupo á metade do percorrido.



Durante o paseo lembreille aos nenos/as que precisamente O Rosal forma parte do recentemente recoñecido Camiño Portugués  pola Costa, cun percorrido de 3 quilómetros, entre Portecelo e Sanxián.



Unha das características deste tramo é que discorre sobre unha vía militar, probablemente a vía Per loca Marítima (camiño romano de comunicación), que enlazaba todos os castros da costa, saíndo dende Tui (Castellum Tyde) e pasando por Tomiño, O Rosal, A Guarda, Oia, Baiona, etc., ata Vigo (Vicus Spacorum).



A segunda parte da actividade foi a parada nos gravados rupestres de Laxe do Lapón e realizar un obradoiro de calcos de petróglifos que consistiu en limpar un pouquiño a zona do gravado, para, a seguir, situar sobre o mesmo un papel branco. Provistos tamén de papel carbón, o seguinte paso foi proceder a fregar con el, enriba das posibles figuras. 




O resultado final, grazas á tinta do papel carbón, foi que apareceran os “calcos” das figuras que existen debaixo, inscritas na pedra. Trátase, en definitiva, dunha das técnicas máis aconselladas pola Arqueoloxía, xunto co debuxo e a fotografía, para coñecer os símbolos de cada petróglifo.


Estes gravados rupestres collen o nome das rochas das inmediacións do lugar. Datan da Época do Bronce (1800 anos a.C.)


Estes sucos, gravados, eran realizados con picos de pedra (cantos tallados), sobre todo cuarcita marítima, moi abundante nesta zona de Portecelo e Sanxián. Precisamente nas escavacións arqueolóxicas realizadas en “As Cubelas” (Portecelo) entre o material atopado o que máis abundaba, aparte da cerámica, eran os ditos cantos e lascas para mariscar.



Entre os motivos de Laxe do Lapón destacan varias espirais, círculos concéntricos, cazoletas (coviñas), diferentes sucos. Esa antiga poboación dedicábase á caza, ao pastoreo, á recolección e á pesca. De aí o seu emprazamento, preto do mar.


Os seus habitantes eran sedentarios, isto é, residían nesta zona e utilizaban estas laxes como se foran altares ao aire libre. Unha das hipóteses máis frecuentes e  verosímiles é que os gravados das rochas aludan a crenzas relixioso-pagás relacionadas coa Astronomía e a Natureza.


Posteriormente sobre eles graváronse números e algún debuxo máis que poden ser de época moderna (s. XVI) e que virían a cristianizar ese lugar. 

Dende aquí, o meu agradecemento ao Concello do Rosal por confiar novamente en min para guiar esta excursión cos rapaces, xa que deles depende nun futuro próximo coñecer e defender os elementos culturais do noso patrimonio.