viernes, 9 de agosto de 2013

HOXE, VISITA NOCTURNA AOS PETRÓGLIFOS DO MONTE TETÓN (TEBRA-TOMIÑO)



Tal e como se pode ler na páxina web do Instituto de Estudos Miñoranos, "este venres 9 de agosto terá lugar unha nova Xeira de arte rupestre no Ecoparque Arqueolóxico Monte Tetón, situado na parroquia de Tebra (Tomiño)".


O arqueólogo Xosé Lois Vilar Pedreira, subdirector do IEM, será o encargado de guiar esta actividade, que dará comezo ás 22:30 horas na casa do Concello de Tomiño e onde tamén terá lugar un coloquio sobre petróglifos.


Posteriormente -seguimos lendo- os participantes "poderán visitar o Monte Tetón, nun percorrido que rematará na estación As Portaxes, na que se atopa o maior gravado de círculos concéntricos coñecido así como unha importante escolma de representacións esquemáticas e naturalistas. A actividade está organizada polo IEM e o Concello de Tomiño".


Nas imaxes, na compaña do meu pai, Xoán Martínez Tamuxe, precisamente no petróglifo de Portaxes (Calcolítico-Idade do Bronce: 3000-2000 antes de Cristo).