Foi funcionario (dos que, en verdade, funcionan) do Concello do Rosal durante 50 anos (dende 1956 a 2006).
Sempre lembrarei con cariño moitas das nosas charlas e sobre todo aquela entrevista que lle realicei en 2011, onde ante a pregunta "¿Cal era a súa función nas dependencias municipais?" Pepe, rindo, confesaba: "¿A miña función? De todo menos de Alcalde. Era o comodín".
Pepe, "home culto, servicial e amable como poucos" foi, ademais, durante moitos anos, presidente da Asociación de Comerciantes do Rosal (ACOR) e tamén organizador e "cabeza visible da cabalgata de Reis".
Dende aquí, amigo Pepe, unha forte aperta e graciñas por todo. Como rosaleiro, estou e estarei moi orgulloso de ti.
Meu máis sentido pésame a familiares e amigos. Descanse en paz.



















.bmp)


