Mostrando entradas con la etiqueta Santa Mariña de Baíña (Baiona). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Santa Mariña de Baíña (Baiona). Mostrar todas las entradas
jueves, 16 de julio de 2015
jueves, julio 16, 2015
Unknown
II edición do Festival Intercéltico de Baíña
Aínda que por motivos laborais non poida estar presente, si o farei de forma "espiritual". A verdade, unha mágoa non poder asistir este sábado 18 de xullo á II edición do Festival Intercéltico de Baíña (Baiona-Pontevedra).
Tal e como se pode ler en BaionaTV, contará coas actuacións "de Mickey Dunne (Ireland), Bon Tastu (Asturies), Vallama (Cantabria/Castilla & León), Pelepau (Galiza) y Ardentía (Galiza). Será a partir de las 21:30 horas en el Campo de Fútbol de Baíña, con entrada gratuita. Además, el festival es solidario, se recogerán alimentos no perecederos para la ONG Ayuda al Mundo Necesitado de Baiona".
¡De parte de Tamuxe e miña, unha forte aperta aos nosos amigos de Santa Mariña de Baíña! Parece mentira que xa pasaran case que 7 anos da publicación do libro... ¡Vaia se o tempo voa!
¡Saúdos a todos/as!
martes, 22 de abril de 2014
martes, abril 22, 2014
Unknown
23 de abril, Día do Libro. Descubre #engalegoleo
Este mércores 23 de abril celébrase en todo o mundo o Día do Libro. (Por suposto, recoméndovos que leades os catro libros que escribín -en galego- xunto con Xoán Martínez Tamuxe).
Segundo me comunican dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, "conscientes da relevancia desta data e da importancia do libro e da lectura no conxunto da cidadanía, a AELG xunto á Compañía de Radio Televisión de Galicia e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), botan a andar unha iniciativa a través da web da CRTVG e de Twitter que, baixo o hastag #engalegoleo, pretende animar o conxunto da cidadanía a recomendar un libro en galego, a explicar por que lles gusta ler, que é a literatura para cada un..."
"En definitiva, trátase de darlle, no Día do Libro, protagonismo esencial á lectura como unha fonte de pracer e compartilo co resto dos internautas-lectores/as-escritores/as que ese día queiran participar".
"A páxina web de referencia é ésta, pero pódese acceder a través do dominio xeral (crtvg.es) desde un banner habilitado para tal efecto".
¡Bicos e apertas para todos/as... e a ler en galego!
lunes, 4 de junio de 2012
lunes, junio 04, 2012
Unknown
AGRADECEMENTO Á COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA DE BAÍÑA
Este sábado 2 de xuño fomos convidados a unha xuntanza-sardiñada no Centro Social e Cultural de Santa Mariña de Baíña (Baiona).
Na compaña do meu pai, Xoán Martínez Tamuxe, a Comunidade de Montes de Baíña rendiunos unha pequena homenaxe para conmemorar os case catro anos da publicación e presentación do libro Santa Mariña de Baíña e o Eremitorio de San Cosme. Aproximación histórica, que escribimos en 2008. No enlace lembramos ese día, acompañado dalgunhas imaxes do sábado.
Dende aquí sinceras grazas -entre outros- a Antonio Pereira, Antonio Mijón, Ramón Garrido, Eugenio Rodríguez , Alberto Valverde, e como non, a Bárbara Pereira, presidenta da Comunidade.
Un cordial saúdo tamén para o xornalista Pepe Costas, co que estivemos conversando boa parte desta festa e que nos presentou como el ben dicía "a media Baiona". Sen dúbida, un gran evento do Centro Cultural e da Comunidade de Montes de Santa Mariña de Baíña, unha entidade e unha parroquia que se preocuparon por coñecer a súa historia, ás súas raíces.
En palabras do noso prologuista, Luis Domínguez Castro, profesor de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo, ese libro "é unha homenaxe aos devanceiros que nos permiten disfrutar da Baíña de agora. Ao longo desas páxinas, un toma conciencia da herdanza, sofrida e intensa, das xeracións que nos foron precedendo".
Graciñas, para rematar, a todos os baiñeses e baiñesas que nos fixeron sentir como na casa e que aínda hoxe nos mostraron a súa ledicia pola feliz publicación do libro. De corazón e con toda humildade, meréceno.
¡¡Noraboa!!
Graciñas, para rematar, a todos os baiñeses e baiñesas que nos fixeron sentir como na casa e que aínda hoxe nos mostraron a súa ledicia pola feliz publicación do libro. De corazón e con toda humildade, meréceno.
¡¡Noraboa!!



















.bmp)







