III EDICIÓN DO CONCURSO DE XOVES INTÉRPRETES ANTONIO GRANJA 2016

Juan Ramón foi o presentador deste certame, organizado pola Agrupación Musical do Rosal que preside Iván Diego Martínez

PRESENTADOR DO II CONCURSO VECIÑAL DA TORTILLA DE PATACA (PÍAS-O ROSAL)

Este orixinal e divertido evento sociogastronómico serviu de inauguración dos actos e festexos da tradicional Feira de San Gregorio

REPORTAXE DE FÁUNICAS DO NOSO ENCONTRO COS OSOS EN KODIAK E KATMAI (ALASKA)

Incrible experiencia a vivida nas lonxanas e salvaxes terras de Alaska, fotografiando aos osos pescando en plena e idílica natureza

GUÍA OFICIAL NA VILA DO ROSAL DA EXPERIENCIA ECOTUR DE UNIMINHO

Explicacións da Cultura Cabaqueira no Centro Etnográfico, visita aos muíños do Folón e aos petróglifos de Ghorghalado en Eiras

PRESENTACIÓN DE TODAS AS CATEGORÍAS DO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN

O Restaurante Juan (O Rosal) acolleu este acto deportivo no que se presentou un por un a todos os xogadores/as para a tempada 2015-2016

MES DE RODAJE Y VIAJE POR NEW YORK, MONTREAL (CANADÁ) Y ALASKA (ESTADOS UNIDOS)

En la imagen, Juan Ramón desplegando orgulloso la bandera de O Rosal con la Estatua de la Libertad al fondo (Liberty Island-New York)

A II ANDAINA 10K O ROSAL FEIRA DO VIÑO VISITA O TAMUXE E AS ACEÑAS

Os participantes na andaina posando para a posteridade na área recreativa do Muíño das Aceñas (San Miguel de Tabagón)

O ACANOR ATLÉTICO NOVÁS PRESENTOUSE AO GRANDE ANTE A SÚA AFECCIÓN

Na imaxe, presentando ao xogador David Lechuga e ao novo adestrador do primeiro equipo, “Jota”, na balconada do Concello do Rosal

PRESENTACIÓN DA II EDICIÓN DA CARREIRA E ANDAINA 10K O ROSAL FEIRA DO VIÑO, 2015

Con Serafín Martínez Acevedo, coordinador da 10k O Rosal, na presentación da XXIII Feira do Viño do Rosal que tivo lugar na Abadía das Eiras

BORJA OUBIÑA, CAPITÁN DO REAL CLUB CELTA DE VIGO, ANUNCIA A SÚA RETIRADA

Na imaxe, entrevistando a Oubiña para a canle de Miño Films TV, na presentación da pasada edición da carreira e andaina 15k del Atlántico

PRESENTACIÓN DA PLANTILLA DO CLUB CICLISTA O ROSAL PARA A TEMPADA 2015

O evento serviu como homenaxe ao ciclista Raúl Fernández. Na imaxe, co seu compañeiro Toñi Portela, autoridades municipais e plantilla do Club

1ª ANDAINA DE SANTA CRUZ A SAN LOURENZO (A GUARDA- O ROSAL –GOIÁN, TOMIÑO)

Juan Ramón foi o guía do concello do Rosal nesta camiñada organizada polos tres municipios baixomiñotos e que se celebrou o 21 de febreiro

PRESENTADOR-SPEAKER DA CARREIRA E ANDAINA “I SAN SILVESTRE O ROSAL”

Organizada polo Club de Atletismo Manuel Suárez Marquier e o Concello, a San Silvestre reuniu a máis de 300 participantes

A ANDAINA 15K REÚNE A MÁIS DE 150 PERSOAS, PERCORRENDO OIA, O ROSAL E A GUARDA

A segunda edición do evento deportivo-cultural “ 15k del Atlántico” superou os 800 participantes. O atleta Pedro Nimo volveu a vencer na carreira

PRESENTACIÓN OFICIAL DE LA CARRERA Y LA ANDAINA “15K DEL ATLÁNTICO"

En la imagen, intervención de Juan Ramón, junto a los deportistas Serafín Martínez, Borja Oubiña y los alcaldes de O Rosal, A Guarda y Oia.

JUAN RAMÓN E CRISTÓBAL COÍMBRA CREAN A PRODUTORA AUDIOVISUAL “MIÑO FILMS”

Miño Films traballa para particulares, empresas e medios de comunicación, gravando eventos culturais e deportivos, spots publicitarios, festas, etc.

COS DEPORTISTAS ÓSCAR VICENTE E SERAFÍN MARTÍNEZ NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Entrevista na Radio Municipal de Tui como coordinadores da primeira edición do evento deportivo-cultural 10k O Rosal Feira do Viño

ENTREVISTA PARA O PROGRAMA “DESDE GALICIA PARA EL MUNDO” (TVE INTERNACIONAL)

Juan Ramón foi entrevistado para o coñecido programa do Canal Internacional de TVE sobre os 67 Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO, O ROSAL 2014

Na imaxe, Juan Ramón, presentador desta segunda Gala do Deporte 2011-2014, dando a benvida aos homenaxeados/as e público asistente

O ROSAL HOMENAXEA AOS SEUS DEPORTISTAS. II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

Este sábado 12 de abril presentará no Auditorio Municipal a gala onde se premiarán aos deportistas máis destacados entre os anos 2011 e 2014

RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA, DISPUTARÁ O MUNDIAL DE CICLOCROSS 2014

Na imaxe, Raúl con Juan Ramón, na recepción oficial que se lle ofreceu no Rosal tras as súas vitorias en Dumbría (A Coruña) e Segorbe (Castellón)

XUNTANZA DOS MEMBROS DO INSTITUTO DE ESTUDIOS TUDENSES NA ÁREA PANORÁMICA

De esquerda a dereita: Rafael Sánchez Bargiela, Marta Cendón Fernández, Silvia González Soutelo, Juan Ramón, Xavier Añoveros Trías de Bes, Ernesto Iglesias Almeida, Antonio Hernández Matías, Jaime Garrido Rodríguez, Clodio González Pérez e Xoán Martínez Tamuxe.

MÁXIMO ESPECTÁCULO E NIVELAZO NO V CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS

De pé: Gera, Dani, Galis, Ángel, Sevi, Gus, Yors, José, Xián, 29, Tuka e Luis. Abaixo: Trinta, Ruth, Pipu, Juan, Frony, Dieguito, Diego e Yeya

PRESENTACIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO” NO TALASO (MOUGÁS-OIA)

Na Praza do Calvario (O Rosal) con Serafín Martínez Acevedo, exciclista profesional e coordinador desta fermosa carreira pola costa

NORABOA A YOEL, PORTEIRO DO REAL CLUB CELTA DE VIGO (PRIMEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL)

Na imaxe, co cancerbeiro vigués, titular do equipo olívico nesta tempada 2013/2014, nunha recente visita realizada a O Rosal

II CHURRASCOPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2013. CHURRASCO, FUTBOLÍN E TUTE

Na imaxe, os participantes que disfrutaron desta segunda edición do “Churrascopen”, celebrada no Bar Troya (Marzán-O Rosal)

BEMBRIVE (VIGO) ACOLLEU A II EDICIÓN DE GALICIA AWARDS CACHE 2013

Por segundo ano consecutivo a Organización do evento de Geocaching volveu a elixir a Juan Ramón como presentador da gala de premios

JUAN RAMÓN INTERVIU NO PROGRAMA “DESCUBRINDO O BAIXO MIÑO” DA RMT

Na imaxe, co director da emisora, José Font Moldes e cos seus compañeiros, os historiadores Suso Vila, Xoán M. Tamuxe e Rafael S. Bargiela

O ROSAL ACOLLEU O IV CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS 2012

Na imaxe, os 26 xogadores/as que participaron neste evento do XXV aniversario da Festa na honra dos Mestres telleiros do Baixo Miño

ENTREVISTA A ÓSCAR VICENTE RODRÍGUEZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIATLÓN 2012

Na imaxe, co triatleta rosaleiro, que foi recibido no Concello polo Alcalde, a tenente de Alcalde e a concelleira de Cultura

JUAN RAMÓN FOI O PRESENTADOR DA I EDICIÓN DE GALICIAN AWARDS CACHE 2012

Na imaxe, en Bembrive (Vigo), geocachers, participantes e organizadores desta entrega de premios aos mellores tesouros (cachés) de Galicia

O EQUIPO FORNELOS/CRUCES, CAMPIÓN DO III OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012. BAR TROYA

Sergio Diego Fernández (Frony) e Carlos Álvarez Antúnez (Sevi) foron os vencedores deste torneo no que participaron 32 xogadores/as

NO XXXIII FESTIVAL DE PARDIÑAS (GUITIRIZ) E NAS XCIX FESTAS DO MONTE (A GUARDA)

Na imaxe, comezando a romaría ao Monte Santa Trega con Olalla, Luis, Pedro e Juan, tras asistir á VI Festa do Percebe de Viladesuso (Oia)

JUAN RAMÓN PARTICIPOU NA HOMENAXE DO ROSAL A FLORINDO ÁLVAREZ MARTÍNEZ

Na imaxe, recitando “Sueño poético de mi Marzán” da autoría de Florindo Álvarez Martínez, coñecido popularmente como Floro de Pancenteo

AGRADECEMENTO Á COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA DE BAÍÑA

Este sábado 2 de xuño fomos convidados a unha xuntanza-sardiñada no Centro Social e Cultural de Santa Mariña de Baíña (Baiona)

VILAMEÁN ACOLLEU A PRESENTACIÓN DO LIBRO SOBRE OS MUÍÑOS DO PORTO

Na imaxe, os autores con Celso Fernández, presidente da Comunidade de Montes e con Rosa Dopazo, alcaldesa pedánea

JUAN RAMÓN PRESENTOU O I RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

O acto celebrouse o 20 de febreiro de 2011 no Auditorio Municipal, homenaxeando a deportistas e clubs da vila

TAMUXE E JUAN RAMÓN PRESENTAN O LIBRO SOBRE OS MUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN

Os autores estiveron acompañados polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o Alcalde do Rosal, Jesús Mª Portela

PRESENTACIÓN DO LIBRO SOBRE A MADANELA (BURGUEIRA E BARRANTES)

Na imaxe, o presidente e o secretario da Comunidade de Montes de Barrantes, cos autores

DENDE 2005 VEN REALIZANDO RUTAS GUIADAS POLOS MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN

Na imaxe, coas alumnas da Escola Superior de Turismo Welton, de Vigo, ao pé da carreira de Martín, no sector medio dos muíños do Folón

JUAN RAMÓN, UN DOS REPRESENTANTES DO CONCELLO DO ROSAL NA XXX EDICIÓN DE FITUR

Na imaxe, en Madrid, na Feria Internacional de Turismo, coa actriz galega María Castro, unha das “madriñas” do Camiño Portugués pola Costa

EN 2009 CREA O I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN NA HONRA DOS MESTRES CABAQUEIROS

Na imaxe, xogadores, colaboradores e telleiros pousando durante a entrega de premios na Festa do Cabaqueiro 2010

JUAN RAMÓN É O GUÍA DAS ANDAINAS CULTURAIS “O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO”

Na imaxe, os participantes da andaina eclesiástica de abril do pasado ano, diante da capela de San Vicente (Marzán)

Mostrando entradas con la etiqueta Festa do Cabaqueiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festa do Cabaqueiro. Mostrar todas las entradas

martes, 1 de diciembre de 2015

O Cabaqueiro. A valiosa tradición de Neira Vilas


Antes de que remate o 2015 fago esta pequena crónica sobre a última publicación de Xoán Martínez Tamuxe, a "Memoria da XXVII Festa do Cabaqueiro", editada recentemente pola delegación de Cultura do Rosal e que conta coa miña colaboración no apartado fotográfico e na tarefa de informatización dos seus correspondentes textos.

Tal e como lembro na última entrada, ata o propio Xosé Neira Vilas alabou esta Festa e Memoria do Cabaqueiro, nas súas palabras "tradición moi valiosa e moi identificada coa comarca", que nesta ocasión comeza cunhas verbas de despedida do seu coordinador, Tamuxe, e que desta maneira dá por rematada unha tarefa que comezou en 1987.


Nesta nova memoria, que se pode adquirir en dependencias municipais, realízase -entre outras- unha crónica da XXVII Festa 2014, co pregón íntegro incluído do químico rosaleiro, Manuel Dorado González.

Igualmente, ofrece interesantes artigos de investigación como os "Cabaqueiros do Rosal na telleira de Benza (Trazo-A Coruña)", ou mesmo unha "Reseña histórica da telleira da Cumieira ou de Narillo".

domingo, 11 de octubre de 2015

Entrevista a Xoán M. Tamuxe no Faro de Vigo


O xornal Faro de Vigo, diario decano da prensa nacional, publica hoxe, domingo 11 de outubro, unha entrevista ao meu pai, o escritor Xoán Martínez Tamuxe, tanto na súa edición dixital como na impresa. 


Asinada pola correspondente do Baixo Miño, Eva González, e con fotografía da miña autoría, a noticia do recoñecemento que mañá o Concello do Rosal lle tributará na XXVIII Festa do Cabaqueiro é a principal da Comarca.

viernes, 9 de octubre de 2015

Speaker da XXVIII Festa do Cabaqueiro (O Rosal)

Nas imaxes, colaborando outros anos durante a Festa do Cabaqueiro

É un pracer comunicarvos que, trala última reunión mantida hai uns días entre os vellos mestres telleiros do Rosal e da Guarda coa organización da Festa do Cabaqueiro 2015, ésta decidiu nomearme speaker-presentador desta XXVIII edición.

Graciñas a todos por confiar en min. Prometo dalo todo, para seguir colaborando co meu pequeno gran de area, na promoción da rica cultura do Rosal e deste paraíso que é o noso Baixo Miño. 


Vémonos pois, este luns 12 de outubro na Praza do Calvario en O Rosal, na XXVIII Festa de Lembranza "Os Cabaqueiros". 

miércoles, 30 de septiembre de 2015

Programa da Festa do Cabaqueiro. O Rosal, 2015


O Rosal celebrará dende o 10 ao 12 de outubro a XXVIII edición da Festa ou Romancha do Cabaqueiro, que coincide anualmente coas Festas da Pilarica.

Tal e como se pode ler no cartel anunciador este será o programa de festexos:

SÁBADO 10 
Baile e música tradicional da bisbarra. A partir das 7 da tarde, organizado polo grupo Do lusco ó fusco con motivo do seu 30 aniversario, no Auditorio Municipal.



DOMINGO 11
Obradoiros para nenos e nenas a partir das 5 da tarde. Ás 22:00 horas, actuación do grupo folk Can de Palleiro na Praza do Calvario (en caso de mal tempo a actuación será no Auditorio Municipal).



LUNS 12
Misa solemne cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal. A partir das 17:30 horas terá lugar a celebración da XXVIII Festa de lembranza "Os Cabaqueiros" que comezará cun recoñecemento a Xoán Martínez Tamuxe pola súa labor historiadora e investigadora da nosa cultura e coa lectura do pregón a cargo de Antonio Giráldez Lomba, docente e historiador vigués.


Foto: facebook Lirolai

A partir das 19:00 horas, música tradicional co grupo Lirolai e a continuación concerto da Banda da Agrupación Musical do Rosal.

Durante todo o día haberá demostración de oficios tradicionais: palilleiras, cesteiro, tamanqueiro, canteiro...

Igualmente haberá unha exposición de pintura na Sala de exposicións do Concello de Valentín Marín Rodríguez.

miércoles, 8 de octubre de 2014

A Festa do Cabaqueiro chega á súa XXVII edición


Xa está aquí -a un pasiño- a celebración da XXVII  edición da Festa en lembranza e homenaxe á figura do Cabaqueiro (telleiro), que dende 1988 se organiza dende o Concello do Rosal.

Un ano máis, a Praza do Calvario será testemuña directa da demostración de "lasqueo" dos cabaqueiros, considerados por moitos, "herdeiros dos ceramistas romanos que ocuparon os castros da bisbarra".

Nesta ocasión, como poderedes comprobar, non se xogará nas datas correspondentes o VI Campionato de Futbolín. Xa pola crise e a falta de colaboración, xa porque estiven infinitamente ocupado co meu traballo estes últimos meses. Proximamente, falaremos.


Quero rematar esta pequena entrada no meu blog lembrando que este venres 10 de outubro, cumprirase o segundo aniversario dunha especial efeméride para min e a miña familia. Igualmente, como non, o meu recordo e cariño para todos os cabaqueiros que xa non están con nós. Unha aperta... e brindarei cun viño do Rosal polo meu amigo Manuel Rodríguez "Trintiña", mestre de mestres telleiros.

Agardando o pasedes ben nestes entrañables festexos, velaquí vos deixo o enlace ao programa músico-cultural da XXVII Festa do Cabaqueiro.

Bicos e apertas.

Juan Ramón Martínez Barbosa

lunes, 7 de octubre de 2013

MÁXIMO ESPECTÁCULO E NIVELAZO NO V CAMPIONATO OS CABAQUEIROS 2013



Este primeiro post relacionado coa crónica de todo o que aconteceu no V Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. O Rosal 2013 quero dedicarllo, antes que nada, aos 20 valentes xogadores participantes.

GRACIÑAS polo voso compañeirismo durante todo o torneo, pola vosa competitividade e polo fantástico espectáculo que brindáchedes, amosando un auténtico nivelazo de xogo.

¡¡Un pracer compartir con vós estas xornadas co noso vicio común, o futbolín!!

Na imaxe, de pé e de esquerda a dereita, Gera, Dani, Galis, Ángel, Sevi, Gus, Yors, José, Xián, 29, Tuka e Luis. Abaixo agachados, de esquerda a dereita: Trinta, Ruth, Pipu, menda, Frony, Dieguito, Diego e Yeya.


martes, 3 de septiembre de 2013

O ROSAL ACOLLE O SEU 5º CAMPIONATO DE FUTBOLÍN NA HONRA DOS CABAQUEIROS


Os gañadores co mestre cabaqueiro Manuel Rodríguez "Trintiña", ao que homenaxearemos este ano 


Boas a todos/as. 

Que tal. Xa vos adianto que o vindeiro 5 de outubro a Praza do Calvario en O Rosal, acollerá durante a XXVI Festa do Cabaqueiro a 5ª edición do xa recoñecido Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros, que creei e instaurei no ano 2009 na honra e lembranza dos telleiros do Baixo Miño. 


Se ben o pasado 2012 os equipos escolléronse por sorteo, desta vez volvemos ao sistema tradicional. Isto é, pódese escoller o compañeiro/a para participar no torneo.



Os campións da última edición foron Gerardo González Gómez "Gera" e Sergio Casal Fernández "Yeya" que gañaron nunha memorable final a José Ángel Fernández Martínez "Kesy" e Álex Casal Iglesias.


Quen desexe realizar a preinscrición do seu equipo no torneo e para máis información, que contacte comigo. Unha forte aperta.

miércoles, 7 de agosto de 2013

OS CABAQUEIROS "INVADEN" MONDARIZ


Esta fin de semana estiven acompañando aos cabaqueiros no XXV Día dos Oficios Artesáns e no XXVI Día da Muiñeira que se celebrou en Mondariz. 


Nos últimos tempos, José Álvarez Alonso "O Buraco" e Juan Rodríguez Pérez, toman o relevo de Manuel Rodríguez Martínez "O Trintiña" (D.E.P.) e Manuel Enríquez González "Piedra" á hora de facer demostracións por toda Galicia do seu antigo oficio.


Igualmente, achegouse ata Mondariz, Xoán Martínez Tamuxe, coordinador da Festa do Cabaqueiro (este 12 de outubro cúmprese a súa XXVI edición) e autor do libro-memoria anual na honra dos telleiros.



Numeroso público estivo atento ás explicacións teórico-prácticas dos nosos veciños, Buraco (O Rosal) e Juan Rodríguez (A Guarda), atrevéndose algúns dos curiosos a probar a "taxicar cabacas á joucha" (facer tellas a man).




jueves, 23 de mayo de 2013

HOMENAXE A TRINTIÑA, CONFERENCIA E DEMOSTRACIÓN CABAQUEIRA, EN GOIÁN



O martes 14 de maio fun convidado ao C.E.I.P. Pintor Antonio Fernández de Goián (Tomiño) con motivo da homenaxe que o colexio lle tributou a Manuel Rodríguez Martínez "O Trintiña", mestre cabaqueiro do Rosal, que faleceu recentemente.



O acto, que estivo coordinado polo profesorado do centro e polo historiador Xosé Lois Vilar Pedreira, contou coa intervención de dous cabaqueiros, José Álvarez (Buraco) e Juan Pérez, que se encargaron de ensinarlle aos rapaces e rapazas, a "teórica" e a "práctica" deste vello oficio artesanal.


Estiveron presentes nesta sentida homenaxe a Manuel "Trintiña" a súa muller Elisa, a súa nora María Rodríguez e un dos seus netos, Sergio Rodríguez.


Coa figura sempre presente de Trintiña, Buraco tomou a palabra lembrando a este telleiro do Rosal, que segundo afirmou "era un gran cabaqueiro, dedicábase a ir por feiras medievais de Galicia,  por colexios, etc e non dubidaba en mostrar ao mundo o seu oficio, na televisión, na prensa, etc, para que non se acabara".


Alumnos e profesores disfrutaron desta maneira en Goián da demostración do lasqueo de cabacas e toupos a joucha (traballo de facer tellas e ladrillos a man), mentres se explicaban a denominación das distintas pezas ou das diferentes técnicas que cada oficial ou tendedor empregaban para facer case 2500 tellas diarias.


Dende aquí o meu agradecemento á familia do finado amigo "Trintiña", que aínda que xa non esté en corpo presente, a súa alma sempre estará con nós.



Por suposto, nesta XXVI edición da Festa do Cabaqueiro 2013 dende O Rosal dedicarémoslle a nosa particular homenaxe á súa  inesquecible figura.


P.D.: Sempre lembrarei con emoción e cariño a primeira entrevista que lle realicei a Manuel "Trintiña" o 5 de xuño de 2008, que serviu para inaugurar esa sección en Noticias O Rosal. ¡¡Que GRANDE!!

lunes, 22 de octubre de 2012

A XXV ROMANCHA DO CABAQUEIRO ATRAEU A CENTOS DE PERSOAS Á VILA DO ROSAL



Boas a todos/as:

Estes días andiven, ando e andarei bastante liado, polo que comezo, antes de que xa se vaia moi alá no tempo, un pequeno resumo do que aconteceu durante a Festa do Cabaqueiro.

O pasado venres 12 de outubro, con motivo da festividade da Pilarica, celebrouse no Rosal a XXV edición da Festa do Cabaqueiro (festa do telleiro), que atraeu ao municipio a centos de persoas da Comarca e arredores.

Pola mañá tivo lugar a misa solemne, oficiada polo abade párroco D. Julio Ramos Rodríguez, sendo auxilidado polo crego D. Isaac Penela Carbajales. O Coro Ecos do Folón puxo a nota musical da cerimonia. 


Unha vez rematada a Eucaristía, os fieis saíron en procesión coas imaxes da Virxe do Pilar e Santiago Apóstolo, realizando a tradicional volta á Praza do Calvario, na compaña das autoridades municipais e da banda de música da Agrupación Musical do Rosal.



Xa de tarde, entregáronse os premios e trofeos do IV Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros, e que como todos os anos, dende 2009, presentei diante da Casa do Concello.


Por ser o 25 aniversario da Festa do Cabaqueiro, estiveron presentes -entre outros- o autor do monumento ao Cabaqueiro, o escultor tomiñés José Antúnez Pousa e mesmo o pregoeiro D. Ermelindo Portela Silva, escritor e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (que, por certo, foi profesor meu de Historia Medieval na citada USC).


Xunto a eles, os propios cabaqueiros e as autoridades municipais foron os encargados de entregar os correspondentes agasallos aos gañadores e a todos os participantes do IV Campionato de Futbolín na honra dos mestres telleiros do Baixo Miño.



Unha vez lido o pregón a cargo de D. Ermelindo, os cabaqueiros realizaron en dous bancos de traballo a sempre interesante e curiosa demostración de "taxicar cabacas e toupos a joucha" (facer tellas e ladrillos a man). 

O escritor, historiador e coordinador da Festa do Cabaqueiro, Xoán Martínez Tamuxe, foi o encargado de narrar como todos os anos o que alí sucedía, empregando palabras e expresións no "latín ou verbo dos daordes" que foron moi aplaudidas.


Na demostración cabaqueira estiveron lasquea que lasquea, Juan Vicente, Benito "Pinta", Manuel "Trintiña", Pepe "Cuncho", Esteban, Paco "Campelo", Dino, Juan Pérez, Luis Garrido, Telis, Alfredo, Juanciño, Avelino e Manuel "Piedra".


Como é tradicional os telleiros baixomiñotos, unha vez rematada a demostración realizaron a "foto da amizade" diante do Monumento ao Cabaqueiro, na compaña do alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela, o coordinador da festa Xoán Martínez Tamuxe, a concelleira de Cultura, Charo Tabales Perozo e os mencionados Ermelindo Portela Silva e José Ántunez Pousa.

lunes, 13 de octubre de 2008

A Festa do Cabaqueiro (O Rosal-Pontevedra)

EN GALEGO

Cada 12 de outubro e dende 1988 celébrase na Praza do Calvario (O Rosal) a Festa do Cabaqueiro en lembranza dos telleiros rosaleiros e do Baixo Miño, considerados por moitos, herdeiros dos ceramistas romanos que ocuparon os castros da bisbarra. Todo comezou en 1987 coa erección do monumento ao cabaqueiro (telleiro) -obra do escultor tomiñés Xosé Antúnez Pousa- como homenaxe e co fin de recoñecer e recuperar a memoria deste tradicional oficio. Lembrar que, coa agricultura, o traballo de cabaqueiro era a ocupación da maioría dos rosaleiros e baixomiñotos ata mediados do século XX. Antes da chegada das máquinas, a elaboración de tellas e ladrillos facíase a man (na súa xerga: “taxicar cabacas e toupos a joucha”) cun equipo de polo menos cinco telleiros (a cuadrilla): o amo (buxa), o oficial, o tendedor, o carretilleiro e o pieiro. A temporada de traballo era de cinco meses, sendo cada cuadrilla de cabaqueiros contratados (axustados) para traballar (lasquear) en telleiras de Galicia, da Península e aínda de Sudamérica. O Concello do Rosal decidiu rescatar do esquecemento este oficio e crear polo tanto en 1988 esta celebración anual. Faise coincidir coa antiga festividade da “Pilarica”, data na que rematada a temporada, os telleiros se atopaban na casa disfrutando dos cartos (lerxes). Dicir, como curiosidade, que aínda perdura hoxe en día no ámbito familiar o emprego de diferentes termos ou verbas procedentes desta xerga ou “latín dos daordes” (fala privada dos cabaqueiros co obxectivo de defende-la súa profesión e non ser entendidos por persoas alleas). Sirvan como exemplo as seguintes: “murcir” (comer), “boreta” (auga), “calloa” (muller casada), “xido” (bo), “danoca” (malo), “cata” (estraño), “tisco” (can), “intervar” (entender), etc. Todas elas e moitas máis recóllense en distintas publicacións sobre este tema. Misa solemne na honra da Virxe do Pilar, grupos de gaitas, polbo á feira ou viño do Rosal, unido ás diferentes exposicións e á demostración en directo do “lasqueo”, fan desta Festa do Cabaqueiro un singular atractivo cultural e turístico para a Vila do Rosal e a comarca do Baixo Miño. Cada ano, un notable e afamado persoaxe das letras galegas, pronuncia o pregón da Festa, xusto antes do comezo da elaboración das tellas e ladrillos a man por parte dos cabaqueiros. O Concello do Rosal -aínda que os seus fondos están neste intre nun almacén provisional á espera dun novo local- conta con Museo Municipal dende 1980. Aquí se garda unha selección de diferente ferramenta representativa das telleiras, multitude de pezas cerámicas (tellas e ladrillos con marcas, datas, nomes…) e por suposto un grande arquivo fotográfico de temática cabaqueira. Tódolos anos, en outubro, coincidindo coa Festa, se realiza na Sala de Exposicións unha curiosa mostra con parte deste material. O Servizo de Publicacións do Concello edita así mesmo un libro ou Memoria da Festa do Cabaqueiro, de carácter anual, que recolle diferentes estudos de investigación histórica. Realízase tamén un prato conmemorativo en porcelana no que se plasma un motivo da cabaqueira (telleira). Dende 2004 lévase a cabo un Obradoiro de facer tellas para nenos e nenas (cachizas), que xeralmente se celebra un día antes da Pilarica e está impartido polos veteranos (“rulos”) mestres cabaqueiros. Os nenos son obsequiados ao final cunhas lambetadas e uns diplomas acreditativos da súa participación. A Festa do Cabaqueiro en O Rosal, hoxe na súa XXIII edición, consolídase ano tras ano como unha das citas ineludibles do panorama etnográfico, cultural e turístico do Baixo Miño e aínda de Galicia.

Juan Ramón Martínez Barbosa ©
(Revista Cultura Baixomiñota, outubro 2008, nº 4)