miércoles, 7 de agosto de 2013

OS CABAQUEIROS "INVADEN" MONDARIZ


Esta fin de semana estiven acompañando aos cabaqueiros no XXV Día dos Oficios Artesáns e no XXVI Día da Muiñeira que se celebrou en Mondariz. 


Nos últimos tempos, José Álvarez Alonso "O Buraco" e Juan Rodríguez Pérez, toman o relevo de Manuel Rodríguez Martínez "O Trintiña" (D.E.P.) e Manuel Enríquez González "Piedra" á hora de facer demostracións por toda Galicia do seu antigo oficio.


Igualmente, achegouse ata Mondariz, Xoán Martínez Tamuxe, coordinador da Festa do Cabaqueiro (este 12 de outubro cúmprese a súa XXVI edición) e autor do libro-memoria anual na honra dos telleiros.



Numeroso público estivo atento ás explicacións teórico-prácticas dos nosos veciños, Buraco (O Rosal) e Juan Rodríguez (A Guarda), atrevéndose algúns dos curiosos a probar a "taxicar cabacas á joucha" (facer tellas a man).