miércoles, 7 de agosto de 2013

OS MUÍÑOS DO FOLÓN-PICÓN, DESTINO DA I RUTA GUIADA POLA WEB NOTICIAS O ROSAL


Con Xoán Martínez Tamuxe e Rafael Dorado Rodríguez no Muíño das Laxes

O pasado sábado 27 de xullo organizamos a I Ruta Guiada Noticias O Rosal, que nos levou polos 67 muíños do Folón e do Picón.


Esta especial andaina celebrouse con motivo da conmemoración do 5º Aniversario desta web cultural que me deu por crear e fundar un providencial 16 de maio do ano 2008.


Acompañáronme nesta ocasión, coas correspondentes explicacións durante todo o percorrido: 

XOÁN MARTÍNEZ TAMUXE, historiador, arqueólogo, escritor e investigador. Presidente do Instituto de Estudios Tudenses. Coautor do libro Os Muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico etnográfico de Galicia. 

RAFAEL DORADO RODRÍGUEZ, mestre carpinteiro e formador ocupacional. Na actualidade imparte no Rosal un curso de carpintería dependente da Consellería de Traballo. Técnico-artesán na restauración de muíños hidráulicos.


Dende aquí, o meu sincero agradecemento, tanto a Xoán como a Rafa e, por suposto, a todos os participantes nesta ruta guiada, que ademais contou coa presenza do alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela.


Igualmente teño que dar as grazas pola publicidade realizada á Peluquería Ignacio, Bar-Tapería A Competencia, Pastelería do Conde, Bar Troya, Estanco O Rosal e á Confitería Rogelio.