III EDICIÓN DO CONCURSO DE XOVES INTÉRPRETES ANTONIO GRANJA 2016

Juan Ramón foi o presentador deste certame, organizado pola Agrupación Musical do Rosal que preside Iván Diego Martínez

PRESENTADOR DO II CONCURSO VECIÑAL DA TORTILLA DE PATACA (PÍAS-O ROSAL)

Este orixinal e divertido evento sociogastronómico serviu de inauguración dos actos e festexos da tradicional Feira de San Gregorio

REPORTAXE DE FÁUNICAS DO NOSO ENCONTRO COS OSOS EN KODIAK E KATMAI (ALASKA)

Incrible experiencia a vivida nas lonxanas e salvaxes terras de Alaska, fotografiando aos osos pescando en plena e idílica natureza

GUÍA OFICIAL NA VILA DO ROSAL DA EXPERIENCIA ECOTUR DE UNIMINHO

Explicacións da Cultura Cabaqueira no Centro Etnográfico, visita aos muíños do Folón e aos petróglifos de Ghorghalado en Eiras

PRESENTACIÓN DE TODAS AS CATEGORÍAS DO ACANOR ATLÉTICO NOVÁS DE BALONMÁN

O Restaurante Juan (O Rosal) acolleu este acto deportivo no que se presentou un por un a todos os xogadores/as para a tempada 2015-2016

MES DE RODAJE Y VIAJE POR NEW YORK, MONTREAL (CANADÁ) Y ALASKA (ESTADOS UNIDOS)

En la imagen, Juan Ramón desplegando orgulloso la bandera de O Rosal con la Estatua de la Libertad al fondo (Liberty Island-New York)

A II ANDAINA 10K O ROSAL FEIRA DO VIÑO VISITA O TAMUXE E AS ACEÑAS

Os participantes na andaina posando para a posteridade na área recreativa do Muíño das Aceñas (San Miguel de Tabagón)

O ACANOR ATLÉTICO NOVÁS PRESENTOUSE AO GRANDE ANTE A SÚA AFECCIÓN

Na imaxe, presentando ao xogador David Lechuga e ao novo adestrador do primeiro equipo, “Jota”, na balconada do Concello do Rosal

PRESENTACIÓN DA II EDICIÓN DA CARREIRA E ANDAINA 10K O ROSAL FEIRA DO VIÑO, 2015

Con Serafín Martínez Acevedo, coordinador da 10k O Rosal, na presentación da XXIII Feira do Viño do Rosal que tivo lugar na Abadía das Eiras

BORJA OUBIÑA, CAPITÁN DO REAL CLUB CELTA DE VIGO, ANUNCIA A SÚA RETIRADA

Na imaxe, entrevistando a Oubiña para a canle de Miño Films TV, na presentación da pasada edición da carreira e andaina 15k del Atlántico

PRESENTACIÓN DA PLANTILLA DO CLUB CICLISTA O ROSAL PARA A TEMPADA 2015

O evento serviu como homenaxe ao ciclista Raúl Fernández. Na imaxe, co seu compañeiro Toñi Portela, autoridades municipais e plantilla do Club

1ª ANDAINA DE SANTA CRUZ A SAN LOURENZO (A GUARDA- O ROSAL –GOIÁN, TOMIÑO)

Juan Ramón foi o guía do concello do Rosal nesta camiñada organizada polos tres municipios baixomiñotos e que se celebrou o 21 de febreiro

PRESENTADOR-SPEAKER DA CARREIRA E ANDAINA “I SAN SILVESTRE O ROSAL”

Organizada polo Club de Atletismo Manuel Suárez Marquier e o Concello, a San Silvestre reuniu a máis de 300 participantes

A ANDAINA 15K REÚNE A MÁIS DE 150 PERSOAS, PERCORRENDO OIA, O ROSAL E A GUARDA

A segunda edición do evento deportivo-cultural “ 15k del Atlántico” superou os 800 participantes. O atleta Pedro Nimo volveu a vencer na carreira

PRESENTACIÓN OFICIAL DE LA CARRERA Y LA ANDAINA “15K DEL ATLÁNTICO"

En la imagen, intervención de Juan Ramón, junto a los deportistas Serafín Martínez, Borja Oubiña y los alcaldes de O Rosal, A Guarda y Oia.

JUAN RAMÓN E CRISTÓBAL COÍMBRA CREAN A PRODUTORA AUDIOVISUAL “MIÑO FILMS”

Miño Films traballa para particulares, empresas e medios de comunicación, gravando eventos culturais e deportivos, spots publicitarios, festas, etc.

COS DEPORTISTAS ÓSCAR VICENTE E SERAFÍN MARTÍNEZ NA RADIO MUNICIPAL DE TUI

Entrevista na Radio Municipal de Tui como coordinadores da primeira edición do evento deportivo-cultural 10k O Rosal Feira do Viño

ENTREVISTA PARA O PROGRAMA “DESDE GALICIA PARA EL MUNDO” (TVE INTERNACIONAL)

Juan Ramón foi entrevistado para o coñecido programa do Canal Internacional de TVE sobre os 67 Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)

REPORTAXE FOTOGRÁFICA DO II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO, O ROSAL 2014

Na imaxe, Juan Ramón, presentador desta segunda Gala do Deporte 2011-2014, dando a benvida aos homenaxeados/as e público asistente

O ROSAL HOMENAXEA AOS SEUS DEPORTISTAS. II RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO

Este sábado 12 de abril presentará no Auditorio Municipal a gala onde se premiarán aos deportistas máis destacados entre os anos 2011 e 2014

RAÚL FERNÁNDEZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA, DISPUTARÁ O MUNDIAL DE CICLOCROSS 2014

Na imaxe, Raúl con Juan Ramón, na recepción oficial que se lle ofreceu no Rosal tras as súas vitorias en Dumbría (A Coruña) e Segorbe (Castellón)

XUNTANZA DOS MEMBROS DO INSTITUTO DE ESTUDIOS TUDENSES NA ÁREA PANORÁMICA

De esquerda a dereita: Rafael Sánchez Bargiela, Marta Cendón Fernández, Silvia González Soutelo, Juan Ramón, Xavier Añoveros Trías de Bes, Ernesto Iglesias Almeida, Antonio Hernández Matías, Jaime Garrido Rodríguez, Clodio González Pérez e Xoán Martínez Tamuxe.

MÁXIMO ESPECTÁCULO E NIVELAZO NO V CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS

De pé: Gera, Dani, Galis, Ángel, Sevi, Gus, Yors, José, Xián, 29, Tuka e Luis. Abaixo: Trinta, Ruth, Pipu, Juan, Frony, Dieguito, Diego e Yeya

PRESENTACIÓN DO EVENTO DEPORTIVO “15K DEL ATLÁNTICO” NO TALASO (MOUGÁS-OIA)

Na Praza do Calvario (O Rosal) con Serafín Martínez Acevedo, exciclista profesional e coordinador desta fermosa carreira pola costa

NORABOA A YOEL, PORTEIRO DO REAL CLUB CELTA DE VIGO (PRIMEIRA DIVISIÓN DE FÚTBOL)

Na imaxe, co cancerbeiro vigués, titular do equipo olívico nesta tempada 2013/2014, nunha recente visita realizada a O Rosal

II CHURRASCOPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2013. CHURRASCO, FUTBOLÍN E TUTE

Na imaxe, os participantes que disfrutaron desta segunda edición do “Churrascopen”, celebrada no Bar Troya (Marzán-O Rosal)

BEMBRIVE (VIGO) ACOLLEU A II EDICIÓN DE GALICIA AWARDS CACHE 2013

Por segundo ano consecutivo a Organización do evento de Geocaching volveu a elixir a Juan Ramón como presentador da gala de premios

JUAN RAMÓN INTERVIU NO PROGRAMA “DESCUBRINDO O BAIXO MIÑO” DA RMT

Na imaxe, co director da emisora, José Font Moldes e cos seus compañeiros, os historiadores Suso Vila, Xoán M. Tamuxe e Rafael S. Bargiela

O ROSAL ACOLLEU O IV CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS 2012

Na imaxe, os 26 xogadores/as que participaron neste evento do XXV aniversario da Festa na honra dos Mestres telleiros do Baixo Miño

ENTREVISTA A ÓSCAR VICENTE RODRÍGUEZ, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIATLÓN 2012

Na imaxe, co triatleta rosaleiro, que foi recibido no Concello polo Alcalde, a tenente de Alcalde e a concelleira de Cultura

JUAN RAMÓN FOI O PRESENTADOR DA I EDICIÓN DE GALICIAN AWARDS CACHE 2012

Na imaxe, en Bembrive (Vigo), geocachers, participantes e organizadores desta entrega de premios aos mellores tesouros (cachés) de Galicia

O EQUIPO FORNELOS/CRUCES, CAMPIÓN DO III OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012. BAR TROYA

Sergio Diego Fernández (Frony) e Carlos Álvarez Antúnez (Sevi) foron os vencedores deste torneo no que participaron 32 xogadores/as

NO XXXIII FESTIVAL DE PARDIÑAS (GUITIRIZ) E NAS XCIX FESTAS DO MONTE (A GUARDA)

Na imaxe, comezando a romaría ao Monte Santa Trega con Olalla, Luis, Pedro e Juan, tras asistir á VI Festa do Percebe de Viladesuso (Oia)

JUAN RAMÓN PARTICIPOU NA HOMENAXE DO ROSAL A FLORINDO ÁLVAREZ MARTÍNEZ

Na imaxe, recitando “Sueño poético de mi Marzán” da autoría de Florindo Álvarez Martínez, coñecido popularmente como Floro de Pancenteo

AGRADECEMENTO Á COMUNIDADE DE MONTES DE SANTA MARIÑA DE BAÍÑA

Este sábado 2 de xuño fomos convidados a unha xuntanza-sardiñada no Centro Social e Cultural de Santa Mariña de Baíña (Baiona)

VILAMEÁN ACOLLEU A PRESENTACIÓN DO LIBRO SOBRE OS MUÍÑOS DO PORTO

Na imaxe, os autores con Celso Fernández, presidente da Comunidade de Montes e con Rosa Dopazo, alcaldesa pedánea

JUAN RAMÓN PRESENTOU O I RECOÑECEMENTO AO MÉRITO DEPORTIVO DO ROSAL

O acto celebrouse o 20 de febreiro de 2011 no Auditorio Municipal, homenaxeando a deportistas e clubs da vila

TAMUXE E JUAN RAMÓN PRESENTAN O LIBRO SOBRE OS MUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN

Os autores estiveron acompañados polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o Alcalde do Rosal, Jesús Mª Portela

PRESENTACIÓN DO LIBRO SOBRE A MADANELA (BURGUEIRA E BARRANTES)

Na imaxe, o presidente e o secretario da Comunidade de Montes de Barrantes, cos autores

DENDE 2005 VEN REALIZANDO RUTAS GUIADAS POLOS MUÍÑOS DO FOLÓN E DO PICÓN

Na imaxe, coas alumnas da Escola Superior de Turismo Welton, de Vigo, ao pé da carreira de Martín, no sector medio dos muíños do Folón

JUAN RAMÓN, UN DOS REPRESENTANTES DO CONCELLO DO ROSAL NA XXX EDICIÓN DE FITUR

Na imaxe, en Madrid, na Feria Internacional de Turismo, coa actriz galega María Castro, unha das “madriñas” do Camiño Portugués pola Costa

EN 2009 CREA O I CAMPIONATO DE FUTBOLÍN NA HONRA DOS MESTRES CABAQUEIROS

Na imaxe, xogadores, colaboradores e telleiros pousando durante a entrega de premios na Festa do Cabaqueiro 2010

JUAN RAMÓN É O GUÍA DAS ANDAINAS CULTURAIS “O ROSAL. COÑECE O TEU CONCELLO”

Na imaxe, os participantes da andaina eclesiástica de abril do pasado ano, diante da capela de San Vicente (Marzán)

Mostrando entradas con la etiqueta TVG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TVG. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de marzo de 2016

Este blog vén de ilustrar unha reportaxe da TVG



Este sábado 12 de marzo, a Televisión de Galicia (TVG) vén de ilustrar a reportaxe sobre o piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido, cunha captura de pantalla deste blog (sobre o min. 2:30), con motivo da "reaparición" do noso campión hai uns meses, logo do seu grave accidente.

O título da entrevista: "Gabriel Marcelli, camiño á cima".

Podedes ver aquí este especial sobre Gabriel Marcelli, seis veces campión de Galicia e tetracampión de España de trial.

martes, 24 de noviembre de 2015

Dani Cerqueira e Paulo Dacosta, na Copa EHF

O pivote Dani Cerqueira e Paulo Dacosta, extremo esquerdo. (Fotos: Cangas)

Os rosaleiros Dani Cerqueira e Paulo Dacosta, ambos xogadores do Club Balonmán Cangas Frigoríficos do Morrazo, veñen de disputar co seu equipo a ida da 3ª ronda da Copa EHF (European Handball Federation) fronte ao CSM Bucarest de Rumanía.



O partido, que se disputou no pavillón Concordia Hall de Chiajna, ante uns 800 espectadores, non foi todo o bo que se esperaba e o Cangas sufriu unha dura derrota (31-24) na súa estrea europea. 

Será no Gatañal onde os pupilos de Víctor García "Pillo" terán que intentar remontar eses 7 goles para alcanzar a fase de grupos da Copa EHF.



O equipo dos rosaleiros visita hoxe (20:15 horas) a pista do Fertiberia Puerto Sagunto coa intención, según La Voz de Galicia, "de desquitarse de su derrota europea ante el Bucarest y de buscar un triunfo que le permita mantener intactas sus opciones de luchar por clasificarse para la Copa Asobal. Un triunfo supondría la novena jornada consecutiva ganando para los de Pillo".

¡Dende aquí moito ánimo e sorte para o Cangas e en especial para Dani e Paulo, que verdadeiramente xa fixeron historia para O Rosal competindo en Rumanía! 



P.D.: Lembrade, a volta, contra o CSM Bucarest, este domingo 29 de novembro (19:00 horas, TVG 2).

martes, 21 de julio de 2015

Entrevista na TVG sobre os Muíños do Folón


Velaquí vos deixo o pequeno vídeo -emitido hai uns días- da reportaxe e entrevistas que Coímbra e máis eu concedimos ao programa A Revista (Televisión de Galicia) sobre a ruta máis universal de O Rosal.

http://www.crtvg.es/informativos/ruta-dos-muinos-do-folon-e-do-picon-no-rosal-1283985

Como guía deste máxico enclave e como director de Miño Films e do Documental Muíños do Folón-Picón, o meu agradecemento á canle autonómica por interesarse polo noso proxecto e, como non, por promocionar este magnífico conxunto histórico-etnográfico rosaleiro.

jueves, 18 de junio de 2015

Reportaxe do Folón-Picón en A Revista (TVG)


Coímbra, nun momento da súa entrevista para a TVG

Hoxe, xoves 18 de xuño, Cristóbal Coímbra e máis eu estivemos nos Muíños do Folón-Picón (O Rosal) para ser entrevistados no programa da Televisión de Galicia, A Revista (xa vos avisarei cando se emite, pero o máis seguro, para a semana).

O Documental que estamos realizando sobre estes enxeños hidráulicos da nosa vila foi un dos eixes centrais das preguntas de Jesús, redactor da canle autonómica.



Na seguinte crónica do meu blog profundizarei tamén en cuestións como o concurso da Guía Repsol, El Mejor Rincón 2015, no que o conxunto dos 67 Muíños do Folón-Picón é un dos 17 candidatos. 



Elixirase o lugar máis especial de España, polo seu valor cultural ou natural... e abofé que -sen menospreciar ningún outro sitio- tanto pola súa cantidade de muíños, como pola súa disposición xeográfica e pola infinidade de atractivos históricos, visuais e paisaxísticos deste Paraíso, na miña humilde opinión, o "Folón-Picón", meréceo.

martes, 17 de marzo de 2015

Saúdo de "Isi" (TVG) para Miño Films

Foto: (CRTVG)

O noso agradecemento ao humorista, actor e presentador estradense José Manuel Rodríguez Puente, máis coñecido como "Isi", que nos vén de enviar un saúdo para Miño Films.

"Isi" foi gañador do concurso "O Rei da Comedia" da Televisión de Galicia en 2002 e ten participado en programas tan populares como "Supermartes", "Landrober", "Tourilandia" así como "Libro de Familia", "A Solaina" ou "Entre familias anda o xogo" (TVG).

martes, 24 de junio de 2014

Terio Carrera, speaker oficial del "10k O Rosal"


Entrevistando a Ezequiel Mosquera, bajo la atenta mirada de Serafín Martínez

El próximo domingo 20 de julio, en plena XXII Feira do Viño, será, sin lugar a dudas, una jornada deportivo-cultural sin precedentes en nuestra villa. 


Como sabéis, se celebra la carrera-andaina 10k O Rosal Feira do Viño y ya conocemos al speaker oficial: Terio Carrera, actual director de Deportes de la TVG (Televisión de Galicia).

Ezequiel Mosquera, Serafín Martínez, Terio Carrera, Iván Raña y Juancho Armental

No será la primera vez que el conocido presentador coordine un acto deportivo en O Rosal, como podéis ver en este enlace de una charla-coloquio sobre ciclismo celebrada en 2009. 

En la compañía de Julia Vaquero durante la presentación del 15k del Atlántico

Asimismo, hay que destacar que la figura de Terio está ligada igualmente a otra carrera, el 15k del Atlántico, gracias a la intermediación de nuestro común amigo, Serafín Martínez Acevedo, exciclista profesional y organizador de este tipo de eventos deportivos.

jueves, 19 de junio de 2014

Roberto Vilar apoia o "10k O Rosal Feira do Viño"


¡Boas a todos e todas! ¡Que tal! 

É un pracer anunciarvos que o recoñecido humorista e actor Roberto Vilar, actual presentador de "Entre familias anda o xogo" (TVG), vén de amosar o seu apoio ao 10k O Rosal Feira do Viño, que se celebrará o vindeiro 20 de xullo de 2014. ¡Graciñas!

Como sabedes, a andaina sairá ás 10:30 horas, comezando a carreira ás 11:30 horas. Os dous eventos, terán o seu punto de encontro na Praza do Calvario, centro neurálxico da vila do Rosal (Pontevedra).


O 10k O Rosal coincidirá, precisamente coa XXII edición da nosa Feira do Viño, que este ano se celebra os días 18, 19 e 20 de xullo. Na imaxe, o cartel anunciador, obra de Rubén Alesandro Lucas García.


martes, 10 de junio de 2014

O actor Marcos Pereiro estará no 10k O Rosal


O actor Marcos Pereiro, coñecido principalmente polo seu papel en "Mucha e Nucha" (as irónicas pandereteiras de Ardebullo-Luar-TVG), confirma a súa presenza na saída do 10k O Rosal Feira do Viño.


Marcos súmase así ao apoio doutros persoeiros do mundo da cultura, do deporte e das artes á carreira e á andaina que, como sabedes, se celebrará na vila rosaleira o domingo 20 de xullo deste 2014.

viernes, 31 de enero de 2014

CASTING DE HUMORISTAS EN TUI PARA O PROGRAMA "MÁIS RETRANCA" DA TVG




Segundo me veñen de comunicar dende Adivina Producciones, unha produtora audiovisual de A Coruña, están a preparar na actualidade "un programa de humor para Televisión de Galicia titulado Máis Retranca, no que pretendemos atopar novos talentos do humor en Galicia".

O programa consiste na "grabación dun casting en diferentes pobos de Galicia buscando xente que faga humor", ben sexa contando chistes, facendo monólogos, imitacións, sketchs, etc.

¡O vindeiro domingo 9 de febreiro gravarán o casting en Tui!

Para quen se anime podedes contactar da seguinte forma:

Teléfono: 649 827 061
E-mail: maisretranca@adivina.com

miércoles, 13 de noviembre de 2013

PROGRAMA COMPLETO DO "ESPECIAL SAN MARTIÑO" (TVG), COA ROMARÍA DO ROSAL



O luns 11 de novembro, emitiuse na Televisión de Galicia o "Especial San Martiño" con imaxes gravadas no Rosal da nosa tradicional Romaría, dende a igrexa parroquial de Santa Mariña ata a capela do santo, no Campo do Couto.

A reporteira Alicia Lombán Pazos e un cámara da TVG percorreron todo o camiño (uns 12 km en total, ida e volta) e falaron con multitude de veciños/as.

A canle autonómica tamén estivo en Arbo, Folgoso do Courel, Vigo, Moaña, Ourense, etc., con este resultado final: 


lunes, 11 de noviembre de 2013

A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO (O ROSAL), HOXE, NA TELEVISIÓN DE GALICIA (TVG)




A romaría de San Martiño, que se celebrou onte domingo, con saída dende a igrexa parroquial de Santa Mariña do Rosal ata a capela do santo, no Campo do Couto, será protagonista hoxe, luns 11 de novembro, no "Especial San Martiño" que emite a Televisión de Galicia ás 23:30 horas.

Tal e como se anuncia dende A Galega, "Arbo, Folgoso do Courel, O Rosal, Esgos, Moaña e Ourense serán algúns dos destinos dun espazo dedicado a unha das festas galegas máis asentadas".

martes, 15 de octubre de 2013

O ROSAL E A FESTA DO CABAQUEIRO ACOLLEN O ÚLTIMO PROGRAMA DE VAIA TROULA (TVG)



Tal e como vos anunciara no último post do meu blog, as cámaras da Televisión de Galicia estiveron no Rosal o pasado sábado 12 de outubro, na XXVI Festa do Cabaqueiro.

O equipo do coñecido programa Vaia Troula, que presenta Nieves Rodríguez, gravou durante toda a tarde, tanto a demostración do lasqueo dos cabaqueiros, como tamén algunhas imaxes xogando ao futbolín e realizando pequenas entrevistas a veciños e veciñas da Comarca, que se achegaron ata a Praza do Calvario.



A verdade é que aínda foron unhas risas, pois nunha das gravacións tocoume botar unhas partidas coas reporteiras do programa (alá polo minuto 33). Un pracer compartir "mandos" e Festa do Cabaqueiro con Nieves, Paula Señarís, Alicia Lombán e Olaya Rivas.

miércoles, 9 de octubre de 2013

A TVG ESTARÁ NA ENTREGA DE PREMIOS DO V CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS



Este sábado 12 de outubro ás 16:30 horas na Praza do Calvario (O Rosal) terá lugar a entrega de premios aos xogadores do V Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros 2013.

Segundo me veñen de comunicar dende a Televisión de Galicia, un dos programas máis coñecidos da canle autonómica estará coas súas cámaras gravando este acto lúdico-deportivo.

jueves, 26 de septiembre de 2013

OS MUÍÑOS DO FOLÓN-PICÓN E A VILA DO ROSAL, DE NOVO NA TELEVISIÓN DE GALICIA



Onte, mércores 25 de setembro, púñanse en contacto comigo dende a Televisión de Galicia para comunicarme que á noite se emitiría de novo o programa "Na Terra de... Os Muíños" (fai click no enlace ou aquí para ver a reportaxe completa).



Por segunda vez, saíron na canle autonómica as imaxes que gravamos o pasado 3 de maio na ruta realizada polos Muíños do Folón e Picón, no Rosal.


Cunha mistura de tristeza, melancolía é a vez, esperanza, estiven vendo outra vez a reportaxe. -"¿Que máis se pode pedir?". Con esta retórica pregunta finalizaba a miña intervención diante das cámaras... e onte nada máis rematar de mirala -case instintivamente- dinlle resposta: "Que deixen de queimar o monte".


Hoxe, 26 de setembro, xusto un mes despois daquel fatídico incendio na nosa Comarca, non fun capaz de volver a percorrer a miña senda preferida por excelencia, rexeitando aínda propostas para guiar varias rutas. 


Pero bueno, hai que ser positivos, así que teño o profundo convencemento de que entre todos/as loitaremos para que este tipo de desgracias non se volvan a repetir xamais.


¡¡Coidemos, por favor, deste noso pequeno paraíso na Terra!!