jueves, 26 de septiembre de 2013

OS MUÍÑOS DO FOLÓN-PICÓN E A VILA DO ROSAL, DE NOVO NA TELEVISIÓN DE GALICIA



Onte, mércores 25 de setembro, púñanse en contacto comigo dende a Televisión de Galicia para comunicarme que á noite se emitiría de novo o programa "Na Terra de... Os Muíños" (fai click no enlace ou aquí para ver a reportaxe completa).



Por segunda vez, saíron na canle autonómica as imaxes que gravamos o pasado 3 de maio na ruta realizada polos Muíños do Folón e Picón, no Rosal.


Cunha mistura de tristeza, melancolía é a vez, esperanza, estiven vendo outra vez a reportaxe. -"¿Que máis se pode pedir?". Con esta retórica pregunta finalizaba a miña intervención diante das cámaras... e onte nada máis rematar de mirala -case instintivamente- dinlle resposta: "Que deixen de queimar o monte".


Hoxe, 26 de setembro, xusto un mes despois daquel fatídico incendio na nosa Comarca, non fun capaz de volver a percorrer a miña senda preferida por excelencia, rexeitando aínda propostas para guiar varias rutas. 


Pero bueno, hai que ser positivos, así que teño o profundo convencemento de que entre todos/as loitaremos para que este tipo de desgracias non se volvan a repetir xamais.


¡¡Coidemos, por favor, deste noso pequeno paraíso na Terra!!