Mostrando entradas con la etiqueta Cabaqueiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cabaqueiros. Mostrar todas las entradas
martes, 1 de diciembre de 2015
martes, diciembre 01, 2015
Unknown
O Cabaqueiro. A valiosa tradición de Neira Vilas
Antes de que remate o 2015 fago esta pequena crónica sobre a última publicación de Xoán Martínez Tamuxe, a "Memoria da XXVII Festa do Cabaqueiro", editada recentemente pola delegación de Cultura do Rosal e que conta coa miña colaboración no apartado fotográfico e na tarefa de informatización dos seus correspondentes textos.
Tal e como lembro na última entrada, ata o propio Xosé Neira Vilas alabou esta Festa e Memoria do Cabaqueiro, nas súas palabras "tradición moi valiosa e moi identificada coa comarca", que nesta ocasión comeza cunhas verbas de despedida do seu coordinador, Tamuxe, e que desta maneira dá por rematada unha tarefa que comezou en 1987.
Nesta nova memoria, que se pode adquirir en dependencias municipais, realízase -entre outras- unha crónica da XXVII Festa 2014, co pregón íntegro incluído do químico rosaleiro, Manuel Dorado González.
Igualmente, ofrece interesantes artigos de investigación como os "Cabaqueiros do Rosal na telleira de Benza (Trazo-A Coruña)", ou mesmo unha "Reseña histórica da telleira da Cumieira ou de Narillo".
lunes, 23 de noviembre de 2015
lunes, noviembre 23, 2015
Unknown
Vídeo da "inesquecible" Experiencia Ecotur
Velaquí vos deixo este pequeno vídeo-resumo da Experiencia ECOTUR de Uniminho/Associação do Vale do Minho Transfronteiriço, na que tiven o pracer de participar hai unhas semanas explicando a Cultura Cabaqueira no Centro Etnográfico "Casa dos Oficios do Rosal" ou mesmo guiando varias rutas da Experiencia A (visita aos muíños do Folón e do Picón) e C (petróglifos de Ghorghalado en Eiras).
Como ben din dende a Experiencia Ecotur, certamente foi incomparable e inesquecible. ¡Parabéns á organización!
Como ben din dende a Experiencia Ecotur, certamente foi incomparable e inesquecible. ¡Parabéns á organización!
viernes, 9 de octubre de 2015
viernes, octubre 09, 2015
Unknown
Speaker da XXVIII Festa do Cabaqueiro (O Rosal)
Nas imaxes, colaborando outros anos durante a Festa do Cabaqueiro
É un pracer comunicarvos que, trala última reunión mantida hai uns días entre os vellos mestres telleiros do Rosal e da Guarda coa organización da Festa do Cabaqueiro 2015, ésta decidiu nomearme speaker-presentador desta XXVIII edición.
Graciñas a todos por confiar en min. Prometo dalo todo, para seguir colaborando co meu pequeno gran de area, na promoción da rica cultura do Rosal e deste paraíso que é o noso Baixo Miño.
Vémonos pois, este luns 12 de outubro na Praza do Calvario en O Rosal, na XXVIII Festa de Lembranza "Os Cabaqueiros".
miércoles, 30 de septiembre de 2015
miércoles, septiembre 30, 2015
Unknown
Programa da Festa do Cabaqueiro. O Rosal, 2015
O Rosal celebrará dende o 10 ao 12 de outubro a XXVIII edición da Festa ou Romancha do Cabaqueiro, que coincide anualmente coas Festas da Pilarica.
Tal e como se pode ler no cartel anunciador este será o programa de festexos:
SÁBADO 10
Baile e música tradicional da bisbarra. A partir das 7 da tarde, organizado polo grupo Do lusco ó fusco con motivo do seu 30 aniversario, no Auditorio Municipal.
DOMINGO 11
Obradoiros para nenos e nenas a partir das 5 da tarde. Ás 22:00 horas, actuación do grupo folk Can de Palleiro na Praza do Calvario (en caso de mal tempo a actuación será no Auditorio Municipal).
LUNS 12
Misa solemne cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal. A partir das 17:30 horas terá lugar a celebración da XXVIII Festa de lembranza "Os Cabaqueiros" que comezará cun recoñecemento a Xoán Martínez Tamuxe pola súa labor historiadora e investigadora da nosa cultura e coa lectura do pregón a cargo de Antonio Giráldez Lomba, docente e historiador vigués.
Foto: facebook Lirolai
A partir das 19:00 horas, música tradicional co grupo Lirolai e a continuación concerto da Banda da Agrupación Musical do Rosal.
Durante todo o día haberá demostración de oficios tradicionais: palilleiras, cesteiro, tamanqueiro, canteiro...
Igualmente haberá unha exposición de pintura na Sala de exposicións do Concello de Valentín Marín Rodríguez.
miércoles, 8 de octubre de 2014
miércoles, octubre 08, 2014
Unknown
A Festa do Cabaqueiro chega á súa XXVII edición
Xa está aquí -a un pasiño- a celebración da XXVII edición da Festa en lembranza e homenaxe á figura do Cabaqueiro (telleiro), que dende 1988 se organiza dende o Concello do Rosal.
Un ano máis, a Praza do Calvario será testemuña directa da demostración de "lasqueo" dos cabaqueiros, considerados por moitos, "herdeiros dos ceramistas romanos que ocuparon os castros da bisbarra".
Nesta ocasión, como poderedes comprobar, non se xogará nas datas correspondentes o VI Campionato de Futbolín. Xa pola crise e a falta de colaboración, xa porque estiven infinitamente ocupado co meu traballo estes últimos meses. Proximamente, falaremos.
Quero rematar esta pequena entrada no meu blog lembrando que este venres 10 de outubro, cumprirase o segundo aniversario dunha especial efeméride para min e a miña familia. Igualmente, como non, o meu recordo e cariño para todos os cabaqueiros que xa non están con nós. Unha aperta... e brindarei cun viño do Rosal polo meu amigo Manuel Rodríguez "Trintiña", mestre de mestres telleiros.
Agardando o pasedes ben nestes entrañables festexos, velaquí vos deixo o enlace ao programa músico-cultural da XXVII Festa do Cabaqueiro.
Bicos e apertas.
Juan Ramón Martínez Barbosa
lunes, 16 de diciembre de 2013
lunes, diciembre 16, 2013
Unknown
INAUGÚRASE "OS SEIXIÑOS" O NOVO ESPAZO GASTRONÓMICO-CULTURAL DO BAIXO MIÑO
É para min todo un pracer anunciarvos que o vindeiro sábado 21 de decembro terá lugar a inauguración do Bodegón-Tapería "Os Seixiños" un novo local no Baixo Miño, coa xerencia do amigo Sergio Rodríguez Rodríguez "Trinta", que conxugará e promoverá dende A Gándara (A Guarda-Pontevedra) a gastronomía, a cultura, o lecer e o turismo da nosa fermosa Comarca.
Por iso, todo o meu apoio e colaboración para Sergio "Trinta", valente emprendedor -apenas 27 anos de idade- pero con ampla experiencia no sector da hostelería, que intentará nestes complicados tempos levar a bo porto esta ilusionante iniciativa.
Vista parcial da Gándara, hai uns días, dende a terraza superior do "Bar do Trinta"
Segundo me afirmaba Sergio nunha entrevista que lle realicei recentemente, a súa nai, Mary, e os seus avós, Carmen e máis Eduardo, son da Gándara; pasando -confesa- parte da súa infancia polas mesmas terras nas que abrirá esta semana a súa tapería.
Como non podía ser menos, dende aquí, o meu respeto e sentida lembranza tamén para os seus outros avós, falecidos este mesmo ano, os rosaleiros Elisa e Manuel (o xenuino e mítico cabaqueiro "Trintiña").
Tamuxe e Trintiña. (Fotos: J.R.// Mary Rodríguez)
Certamente, a particular historia de amizade e colaboración do meu pai, Xoán Martínez Tamuxe e máis eu con "Trintiña" e a súa familia durante moitos anos, segue agora, polo tanto, na persoa do seu neto Sergio.
Como escribín no post da homenaxe en Goián "sempre lembrarei con emoción e cariño a primeira entrevista que lle realicei a Manuel "Trintiña" o 5 de xuño de 2008, que serviu para inaugurar esa sección en Noticias O Rosal".
Sen dúbida Manuel Rodríguez "Trintiña" estaría orgulloso do seu neto, xa que Sergio quere que este novo local sexa un lugar de permanente lembranza e homenaxe da cultura cabaqueira pola que el tanto loitou e por suposto, de encontro, organización de eventos, bo comer e lecer para as diferentes xeracións que ata alí se acheguen.
Non en van hai que lembrar que tanto a vila do Rosal como a parroquia de Salcidos (á que pertence A Gándara) foron terra dos mellores cabaqueiros da época.
O grupo A Boalleira actuando hai uns días na apertura do Castelo de Santa Cruz
E non me lío máis. Como xa vos dixen, só me queda convidarvos a reunirnos o vindeiro sábado 21, a partir das 16:00 horas, na festa de inauguración do bar do Trinta, o Bodegón-Tapería Os Seixiños. O evento contará coa actuación do grupo de gaitas A Boalleira (16:30 horas) e haberá unha degustación de variedade de típicas tapas galegas ofrecidas polo local (de 19 a 21 horas).
¡¡Moita sorte Trinta e graciñas de corazón a ti e a túa familia por seguir confiando en min. Contade comigo para o que sexa. Unha aperta!!
Máis información: https://www.facebook.com/obardotrinta
martes, 15 de octubre de 2013
martes, octubre 15, 2013
Unknown
DIEGO ÁLVAREZ CONSEGUE O "CATIÑA DE OURO" DO V CAMPIONATO OS CABAQUEIROS
Diego Álvarez Fernández, campión do V Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros xunto a Sergio Casal Fernández "Yeya", vén de ser elixido polos seus compañeiros, con 33 puntos, como o "Catiña de Ouro", premio que se instaurou este ano para distinguir ao mellor xogador do torneo.
Precisamente, Yeya, con 18 puntos, foi premiado co "Catiña de Prata" e Diego Martínez Alonso, con 10 puntos, co "Catiña de Bronce".
martes, octubre 15, 2013
Unknown
O ROSAL E A FESTA DO CABAQUEIRO ACOLLEN O ÚLTIMO PROGRAMA DE VAIA TROULA (TVG)
Tal e como vos anunciara no último post do meu blog, as cámaras da Televisión de Galicia estiveron no Rosal o pasado sábado 12 de outubro, na XXVI Festa do Cabaqueiro.
O equipo do coñecido programa Vaia Troula, que presenta Nieves Rodríguez, gravou durante toda a tarde, tanto a demostración do lasqueo dos cabaqueiros, como tamén algunhas imaxes xogando ao futbolín e realizando pequenas entrevistas a veciños e veciñas da Comarca, que se achegaron ata a Praza do Calvario.
A verdade é que aínda foron unhas risas, pois nunha das gravacións tocoume botar unhas partidas coas reporteiras do programa (alá polo minuto 33). Un pracer compartir "mandos" e Festa do Cabaqueiro con Nieves, Paula Señarís, Alicia Lombán e Olaya Rivas.
lunes, 7 de octubre de 2013
lunes, octubre 07, 2013
Unknown
MÁXIMO ESPECTÁCULO E NIVELAZO NO V CAMPIONATO OS CABAQUEIROS 2013
Este primeiro post relacionado coa crónica de todo o que aconteceu no V Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros. O Rosal 2013 quero dedicarllo, antes que nada, aos 20 valentes xogadores participantes.
GRACIÑAS polo voso compañeirismo durante todo o torneo, pola vosa competitividade e polo fantástico espectáculo que brindáchedes, amosando un auténtico nivelazo de xogo.
¡¡Un pracer compartir con vós estas xornadas co noso vicio común, o futbolín!!
Na imaxe, de pé e de esquerda a dereita, Gera, Dani, Galis, Ángel, Sevi, Gus, Yors, José, Xián, 29, Tuka e Luis. Abaixo agachados, de esquerda a dereita: Trinta, Ruth, Pipu, menda, Frony, Dieguito, Diego e Yeya.
martes, 3 de septiembre de 2013
martes, septiembre 03, 2013
Unknown
O ROSAL ACOLLE O SEU 5º CAMPIONATO DE FUTBOLÍN NA HONRA DOS CABAQUEIROS
Os gañadores co mestre cabaqueiro Manuel Rodríguez "Trintiña", ao que homenaxearemos este ano
Boas a todos/as.
Que tal. Xa vos adianto que o vindeiro 5 de outubro a Praza do Calvario en O Rosal, acollerá durante a XXVI Festa do Cabaqueiro a 5ª edición do xa recoñecido Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros, que creei e instaurei no ano 2009 na honra e lembranza dos telleiros do Baixo Miño.
Se ben o pasado 2012 os equipos escolléronse por sorteo, desta vez volvemos ao sistema tradicional. Isto é, pódese escoller o compañeiro/a para participar no torneo.
Os campións da última edición foron Gerardo González Gómez "Gera" e Sergio Casal Fernández "Yeya" que gañaron nunha memorable final a José Ángel Fernández Martínez "Kesy" e Álex Casal Iglesias.
Quen desexe realizar a preinscrición do seu equipo no torneo e para máis información, que contacte comigo. Unha forte aperta.
miércoles, 7 de agosto de 2013
miércoles, agosto 07, 2013
Unknown
OS CABAQUEIROS "INVADEN" MONDARIZ
Esta fin de semana estiven acompañando aos cabaqueiros no XXV Día dos Oficios Artesáns e no XXVI Día da Muiñeira que se celebrou en Mondariz.
Nos últimos tempos, José Álvarez Alonso "O Buraco" e Juan Rodríguez Pérez, toman o relevo de Manuel Rodríguez Martínez "O Trintiña" (D.E.P.) e Manuel Enríquez González "Piedra" á hora de facer demostracións por toda Galicia do seu antigo oficio.
Igualmente, achegouse ata Mondariz, Xoán Martínez Tamuxe, coordinador da Festa do Cabaqueiro (este 12 de outubro cúmprese a súa XXVI edición) e autor do libro-memoria anual na honra dos telleiros.
Numeroso público estivo atento ás explicacións teórico-prácticas dos nosos veciños, Buraco (O Rosal) e Juan Rodríguez (A Guarda), atrevéndose algúns dos curiosos a probar a "taxicar cabacas á joucha" (facer tellas a man).
jueves, 23 de mayo de 2013
jueves, mayo 23, 2013
Unknown
HOMENAXE A TRINTIÑA, CONFERENCIA E DEMOSTRACIÓN CABAQUEIRA, EN GOIÁN
O martes 14 de maio fun convidado ao C.E.I.P. Pintor Antonio Fernández de Goián (Tomiño) con motivo da homenaxe que o colexio lle tributou a Manuel Rodríguez Martínez "O Trintiña", mestre cabaqueiro do Rosal, que faleceu recentemente.
O acto, que estivo coordinado polo profesorado do centro e polo historiador Xosé Lois Vilar Pedreira, contou coa intervención de dous cabaqueiros, José Álvarez (Buraco) e Juan Pérez, que se encargaron de ensinarlle aos rapaces e rapazas, a "teórica" e a "práctica" deste vello oficio artesanal.
Estiveron presentes nesta sentida homenaxe a Manuel "Trintiña" a súa muller Elisa, a súa nora María Rodríguez e un dos seus netos, Sergio Rodríguez.
Coa figura sempre presente de Trintiña, Buraco tomou a palabra lembrando a este telleiro do Rosal, que segundo afirmou "era un gran cabaqueiro, dedicábase a ir por feiras medievais de Galicia, por colexios, etc e non dubidaba en mostrar ao mundo o seu oficio, na televisión, na prensa, etc, para que non se acabara".
Alumnos e profesores disfrutaron desta maneira en Goián da demostración do lasqueo de cabacas e toupos a joucha (traballo de facer tellas e ladrillos a man), mentres se explicaban a denominación das distintas pezas ou das diferentes técnicas que cada oficial ou tendedor empregaban para facer case 2500 tellas diarias.
Dende aquí o meu agradecemento á familia do finado amigo "Trintiña", que aínda que xa non esté en corpo presente, a súa alma sempre estará con nós.
Por suposto, nesta XXVI edición da Festa do Cabaqueiro 2013 dende O Rosal dedicarémoslle a nosa particular homenaxe á súa inesquecible figura.
P.D.: Sempre lembrarei con emoción e cariño a primeira entrevista que lle realicei a Manuel "Trintiña" o 5 de xuño de 2008, que serviu para inaugurar esa sección en Noticias O Rosal. ¡¡Que GRANDE!!
jueves, 10 de marzo de 2011
jueves, marzo 10, 2011
Unknown
Outras obras e curiosidades
Dende hai anos, Juan Ramón Martínez Barbosa colabora con distintos xornalistas e medios de comunicación, tanto galegos como nacionais, na publicación de crónicas e artigos, así como facilitando información e imaxes.
De cando en vez concede entrevistas en radio e televisión (TVE, Tele5, TVG, Vía Televisión, VTelevisión, Radio Galega, RMT, etc).
Membro do grupo científico-cultural para o recoñecemento oficial do Camiño Portugués pola Costa, sendo un dos asinantes da Declaración de Oia do 20 de xaneiro de 2009.
Un ano despois, en xaneiro de 2010 desprazouse ata Madrid como fotógrafo oficial e para representar a O Rosal xunto co alcalde da vila, na XXX edición de Fitur (Feria Internacional de Turismo) con motivo da presentación en sociedade de dito Camiño.
A recoñecida actriz galega María Castro e o veterano xornalista e presidente da "Academia de las Ciencias y las Artes de Televisión en España", Manuel Campo Vidal, foron os encargados de destacar os valores do Camiño Portugués pola Costa.
Juan Ramón é activo organizador e presentador de eventos deportivos, culturais e turísticos.
En febreiro de 2011 coordina e presenta o I Recoñecemento ao Mérito Deportivo do Rosal.
En 2012 e 2013 foi designado para presentar en Bembrive (Vigo) o evento Galicia Awards Cache que se celebra dende aquela nas instalacións da Sociedad Cultural Deportiva y Recreativa "Helios".
Juan Ramón foi o encargado de guiar as andainas do programa "O Rosal. Coñece o teu Concello", ofrecendo as correspondentes explicacións histórico-culturais.
En 2014 volve a presentar o II Recoñecemento ao Mérito Deportivo do Rosal, onde se homenaxeou aos deportistas e clubs máis destacados da vila.
En xullo de 2014 coordinou a andaina da I edición 10 K O Rosal. Feira do Viño, e en outubro foi o guía do evento deportivo-cultural 15k del Atlántico (Oia-O Rosal-A Guarda).
En decembro de 2014 foi o speaker da carreira e andaina I San Silvestre O Rosal, organizada polo Club de Atletismo Manuel Suárez Marquier e o concello da vila.
En febreiro de 2015 exerceu de guía por terras rosaleiras na 1ª Andaina de Santa Cruz a San Lourenzo (A Guarda-O Rosal-Goián, Tomiño).
En marzo de 2015 foi o presentador do I Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca na tradicional Feira de San Gregorio en Pías (San Miguel de Tabagón-O Rosal).
En abril de 2015 foi o encargado de presentar no Auditorio da vila, de maneira oficial, a plantilla de corredores e directiva do Club Ciclista O Rosal.
En maio de 2015 guiou a ruta polos Muíños do Folón e Picón durante a xornada "Del Mar a la Tierra" organizada por Bluscus e que contou cos bloggers máis recoñecidos de Galicia e Portugal.
En xullo de 2015 realiza a presentación oficial -na Praza do Calvario e durante a Feira do Viño- do equipo do Acanor Atlético Novás para a tempada 2015-16. Nese mesmo mes de xullo guía a II Andaina 10k O Rosal Feira do Viño.
En setembro de 2015 participa por vez primeira en Pontevedra no VI Congreso de Escritores/as en Lingua Galega.
En outubro de 2015 entrevista, narra e presenta a XXVIII Festa do Cabaqueiro do Rosal.
Igualmente ese mes foi o presentador oficial no Restaurante Juan do Rosal de todas as categorías do club Acanor Atlético Novás de balonmán.
En novembro de 2015 foi o guía da Experiencia Ecotur de Uniminho/Associação do Vale do Minho Transfronteiriço, explicando a Cultura Cabaqueira no Centro Etnográfico "Casa dos Oficios do Rosal" ou mesmo guiando varias rutas da Experiencia A (visita aos muíños do Folón e do Picón) e C (petróglifos de Ghorghalado en Eiras).
En decembro de 2015 presenta a II edición da carreira popular San Silvestre O Rosal.
Nese mesmo mes de decembro foi o speaker-presentador do evento deportivo All Star Game O Rosal 2015 que incluíu o partido entre as seleccións de Galicia e Marruecos.



















.bmp)











.jpg)







.jpg)




















