miércoles, 8 de octubre de 2014

A Festa do Cabaqueiro chega á súa XXVII edición


Xa está aquí -a un pasiño- a celebración da XXVII  edición da Festa en lembranza e homenaxe á figura do Cabaqueiro (telleiro), que dende 1988 se organiza dende o Concello do Rosal.

Un ano máis, a Praza do Calvario será testemuña directa da demostración de "lasqueo" dos cabaqueiros, considerados por moitos, "herdeiros dos ceramistas romanos que ocuparon os castros da bisbarra".

Nesta ocasión, como poderedes comprobar, non se xogará nas datas correspondentes o VI Campionato de Futbolín. Xa pola crise e a falta de colaboración, xa porque estiven infinitamente ocupado co meu traballo estes últimos meses. Proximamente, falaremos.


Quero rematar esta pequena entrada no meu blog lembrando que este venres 10 de outubro, cumprirase o segundo aniversario dunha especial efeméride para min e a miña familia. Igualmente, como non, o meu recordo e cariño para todos os cabaqueiros que xa non están con nós. Unha aperta... e brindarei cun viño do Rosal polo meu amigo Manuel Rodríguez "Trintiña", mestre de mestres telleiros.

Agardando o pasedes ben nestes entrañables festexos, velaquí vos deixo o enlace ao programa músico-cultural da XXVII Festa do Cabaqueiro.

Bicos e apertas.

Juan Ramón Martínez Barbosa