viernes, 31 de enero de 2014

CASTING DE HUMORISTAS EN TUI PARA O PROGRAMA "MÁIS RETRANCA" DA TVG




Segundo me veñen de comunicar dende Adivina Producciones, unha produtora audiovisual de A Coruña, están a preparar na actualidade "un programa de humor para Televisión de Galicia titulado Máis Retranca, no que pretendemos atopar novos talentos do humor en Galicia".

O programa consiste na "grabación dun casting en diferentes pobos de Galicia buscando xente que faga humor", ben sexa contando chistes, facendo monólogos, imitacións, sketchs, etc.

¡O vindeiro domingo 9 de febreiro gravarán o casting en Tui!

Para quen se anime podedes contactar da seguinte forma:

Teléfono: 649 827 061
E-mail: maisretranca@adivina.com