lunes, 12 de agosto de 2013

VISITA CO ESCULTOR JULIO MARTÍNEZ AOS IMPRESIONANTES PETRÓGLIFOS DO TETÓN



O pasado venres 9 de agosto, despois de asistir no pavillón municipal do Rosal aos actos da I Xuntanza do Mecalia Atlético Novás, achegueime ata a vila de Tomiño.


Concretamente fun na compaña do amigo Julio Martínez Martínez, escultor rosaleiro, a un "interesante e moi divertido coloquio" sobre gravados rupestres celebrado diante da casa do concello de Tomiño e a unha visita nocturna que nos levou a coñecer dunha singular maneira os petróglifos do Monte Tetón.


Este evento, que estivo organizado polo municipio tomiñés e polo Instituto de Estudos Miñoranos, contou coa dirección e explicacións oportunas de Xosé Lois Vilar Pedreira, historiador, arqueólogo e subdirector do IEM, ademais da colaboración de diferentes membros deste colectivo.


Felicitar dende aquí aos organizadores e promotores deste tipo de actividades socioculturais, xa que sen dúbida enriquecen en gran medida a sabedoría popular da xente da Comarca. 


Ademais, fai ser consciente dunha forma amena a todo aquel participante, da defensa que todos xuntos debemos realizar deste patrimonio de incalculable valor, obra dos nosos antepasados. 

De día, no petróglifo de Portaxes (Calcolítico-Idade do Bronce: 3000-2000 antes de Cristo).