viernes, 23 de agosto de 2013

RAMÓN, MARISA, VÍCTOR, ANA E MARÍA VISITARON OS MUÍÑOS DO FOLÓN-PICÓN


Ana, Ramón, María, Víctor e Marisa pousan nas "rodeiras" do Picón


¡Boas a todos/as!

¿Que tal estades? Espero que ben.

Por aquí ando de novo. Volvo a escribir no meu blog unha vez pasadas xa as dúas semanas de celebración con motivo do Centenario das Festas do Monte na vila da Guarda (1913-2013).

Certamente, por haches ou por bes, nos mantivo a case toda a Comarca un pouco ocupados, en todos os sentidos (en vindeiras entradas contareivos algunhas cousiñas curiosas destas Festas).



Neste post quero deixar constancia da entrañable visita familiar,  dende Rianxo e Madrid, que o xoves 15 de agosto realizaron polos Muíños do Folón-Picón os amigos Ramón, Víctor, Marisa, Ana e María.


Percorremos a ruta completa que, como sabedes, é de apenas 3'5 km, de dificultade media-baixa. Como sempre, subimos con calma pola vertente do Folón, admirando unha estampa "única no mundo", os 22 muíños hidráulicos do sector superior, construídos en forma de escaleira, de fervenza, para aproveitar o paso da auga duns a outros e aumentar a súa forza motriz.




Un placer acompañar a este simpático e agradable grupiño, que, comandados por Ramón (na imaxe coa súa muller, Marisa, no "Lago Azul"), coñeceron un dos nosos reclamos turístico-culturais máis importantes.


¡¡Dende aquí graciñas aos cinco e envíovos unha forte aperta, agardando poder volver a vernos nun futuro moi próximo!!