viernes, 23 de agosto de 2013

RUTA COS "MADRILEÑOS" JULIO E SILVIA


Con Julio e Silvia nos Muíños do Picón

Despois de realizar a ruta dos Muíños do Folón e Picón o día anterior, o venres 16 de agosto tamén nos animamos Julio, Silvia e máis eu a facer este máxico percorrido. Era unha cita pendente xa, cando menos, dende o pasado 2012.  


Se ben Julio visitara esta zona cando era pequeno, para Silvia foi a súa primeira experiencia por estes 67 enxeños hidráulicos do Rosal.



Cun día fantástico, comezamos xa de tarde un paseo que nos levou pola historia dos nosos antepasados, admirando estes muíños dos séculos XVII e XVIII.


(Isto dirixido a ámbolos dous: "A ver si la próxima vez venís con más tiempo para disfrutar en condiciones de la Comarca y sus hobbits").


¡Bicos e apertas!