martes, 11 de septiembre de 2012

O MEU AGRADECEMENTO Á ORGANIZACIÓN DA I EDICIÓN DE GALICIAN AWARDS CACHE




Xa de volta no Rosal, vai o meu agradecemento para a Organización da I edición de Galician Awards Cache que se celebrou este domingo 9 de setembro no auditorio da Sociedad Cultural Deportiva y Recreativa "Helios" de Bembrive (Vigo) e que tiven a honra de presentar.


Hai que lembrar que moitos dos cachés galegos están situados en fermosos lugares turístico-culturais do Baixo Miño.


Velaquí vos deixo unha pequena crónica e a reportaxe fotográfica desta inesquecible xornada:

De mañá, tivo lugar nesta parroquia viguesa, a “I Gimcana A Caza do Tesouro”, unha divertida proba que xuntou a maiores e pequenos; houbo un novidoso flashmob de danza oriental onde participaron medio cento de persoas e unha churrascada popular nas instalacións de “Helios”.


Xa de tarde entregáronse os premios aos mellores tesouros (cachés) de Galicia dentro do interesante -e cada vez máis coñecido- xogo/deporte do Geocaching*.


Resultou premiado como mellor caché de fóra de Galicia “Sons da Floresta” de Jotapesantos (Pedro Santos, “O mestre do Geocaching”, de Portugal). Entregou o premio Emilio Viéitez, un dos organizadores e membro de “Sufridores Celestes”.


O terceiro premio ao mellor caché de Galicia foi para “Cabo da Nave” de “El Correlimos”. O segundo recaíu en “El Código da Vinci”, de “Lalomt” (Lalo Monteagudo), sendo entregado o premio por Manuel Mayo, delegado de Deportes de “Helios”.


O vencedor da I edición dos Galician Awards Cache 2012 ao mellor caché de Galicia foi para “Monasterio de Lérez” de “Almarán” (Álex, Marta e Ana). Entregou o premio aos gañadores Marcelino Barreiro, presidente da S.C.D.R. “Helios” de Bembrive.


Destacar as diferentes actuacións durante a I Galician Awards Cache, do grupo musical “Tincho Fernán y Cía”, lembrando que coa súa canción “Nada, nada” estiveron no Maketón dos 40 Principales e na actualidade preparan o seu primeiro disco, co recoñecido produtor Javier Abreu.


O monologuista Gabi (Gabriel Correa) do grupo “Avento” puxo a nota de humor do evento facendo unha simpática parodia das recentes e pasadas Olimpíadas.


A mestra de danza, coreógrafa e bailarina, Azziza Safiyé, ofreceu no auditorio de Bembrive unha improvisación de percusión, bailando as súas alumnas unha danza oriental con “saggats”.


(*Segundo se pode ler na páxina oficial de Geocaching.com "El Geocaching es un juego de búsqueda de tesoros al aire libre, en el mundo real, usando dispositivos GPS. Los participantes se dirigen a unas coordenadas GPS en concreto, y entonces tratan de encontrar el geocaché (caché, caja, contenedor) oculto en esa ubicación").