viernes, 14 de junio de 2013

O ROSAL PARTICIPA NA 23ª FESTA DO VINHO VERDE DE PONTE DE LIMA (PORTUGAL)



O Rosal participa na “23ª Festa do Vinho Verde e dos Produtos Regionais”, que se celebra esta fin de semana, do 14 ao 16 de xuño, no Parque de Exposiçôes da Expolima, en Ponte de Lima (Portugal).

Este evento está considerado como “um marco incontestável para a economía local e regional”, coa organización conxunta do “Município, Escola Profissional de Agricultura e Desenvolvimento Rural e a Escola Superior Agrária de Ponte de Lima”.

Por segundo ano consecutivo, o concello do Rosal terá un stand con material turístico (libros, guías, folletos, etc), de exposición e degustación –e non venda- de produtos da terra e de viño do Rosal.

A inauguración oficial será o venres 14 de xuño ás 18:00 horas portuguesas. Esta 23ª edición da Festa do Vinho Verde e Produtos Regionais de Ponte de Lima contará con animación musical (encontro de tunas, sesión de Dj’s, jazz, sons latinos…), concursos, exposicións ou mesmo un Festival de Folclore do Grupo de Danças e Cantares de Ponte de Lima.