martes, 19 de noviembre de 2013

VISITA A "LA CASA TALLER" (A GUARDA), NA COMPAÑA DO ESCULTOR JULIO MARTÍNEZ


Gemma Marqués, Julio Martínez, Daniel Alonso e Bruce Salinas

Este venres 15 de novembro, visitei por fin, co amigo escultor Julio Martínez Martínez, La Casa Taller en A Guarda (Pontevedra), aproveitando a invitación para ver a exposición "Japónica. Conexiones artísticas japo-guardesas" que estará aberta ao público ata o 30 de novembro (de 18 a 21 horas).


Sen dúbida, La Casa Taller é lugar obrigado para os amantes da arte, da cultura... e máxime, para o potencial turista que decida achegarse ata a vila da Guarda e ao Baixo Miño. Unha pequena proba de todo isto é, precisamente a mostra internacional "Japónica".

Dende aquí, todo o meu apoio e agradecemento aos artistas Gemma Marqués e Daniel Alonso, anfitrións deste fermoso espazo creativo en pleno paseo marítimo guardés.



P.D.: Déixovos o vídeo de presentación da banda The Loopholes, formado polo propio Daniel Alonso e Bruce Salinas (co que cadramos tamén o venres, no ensaio deste dúo, que pronto sacará un single en vinilo).