martes, 20 de mayo de 2014

Gran fin de semana en Santiago de Compostela



Boas a todos e todas!

Aproveitando que a pasada fin de semana (16, 17 e 18 de maio) se celebraba -entre outros eventos culturais- o Día das Letras Galegas, decidinme, na compaña do amigo empresario Sergio Rodríguez "Trinta", xerente do Bodegón-Tapería Os Seixiños, a visitar a miña querida cidade de Santiago de Compostela.


En verdade, para os dous, esta foi unha viaxe de traballo e de captación de clientes, pero á vez tamén de lecer, cun pequeno e merecido descanso, o sábado, por terras "picheleiras". 


Dende aquí agradecer a todas as persoas que nos fixeron pasar unha gran e perfecta finde, coa súa alegría e festa, degustando exquisitos pratos, tapas e pinchos, así como as súas grandiosas bebidas espirituosas. Mención especial para o licor café de "A Reixa" e de "Casa das Crechas".



Igualmente bicos e apertas para -entre outros- India de "La Jarra", para o personal de "La Gramola" e de "Central Perk", pola súa simpatía e por facernos sentir como na casa.


E por suposto, para non perder os bos costumes, Trinta e máis eu mandámoslle uns futbolos pola "zona nova", con mazo risas e facendo amigos e amigas alá por onde íamos. ¡Vaia espectáculo! (jeje).


Un saúdo así mesmo, para Luis, un guardés de adopción que nos atopamos por casualidade na nosa andaina pola "zona vella" (Patrimonio da Humanidade) e co que compartimos moi bos momentos de "terraceo".


Sinceramente, despois dos meus anos de estudante na universidade, o volver desta vez a Santiago, deume a impresión -a partes iguais- de ser agora unha especie de mutante turista-veciño, fundíndome en perfecta sintonía coa cidade e a súa xente. ¡Compostela é única!


Agardando poder volver en breve, remato dando as grazas a miña irmá, Ruth, por cedernos amablemente o estratéxico "campamento base" onde estudamos detidamente todas as operacións da "invasión diaria".

Xa o di Luis Tosar: "Santiago es siempre como el punto de referencia, el lugar al que siempre se vuelve y el lugar donde siempre hay ganas de hacer cosas".

¡Ata a próxima! ¡Bicos e apertas!