jueves, 25 de junio de 2015

A parella de bailaríns "Jose & Rosy" actúa na TVG


Os bailaríns rosaleiros "Jose & Rosy", xa máis que internacionais tralo seu paso polas Américas, actuarán este sábado 27 de xuño, a partir das 16:30 horas, no programa magazine en directo "Aquí Galicia" da TVG. 


E, a cousa non para aí, xa que esta finde, tamén estarán no 9º Festival de Baile "Baila Conmigo" que se celebra en Celanova (Ourense).



¡Moita sorte e a seguir triunfando, parella!