lunes, 22 de febrero de 2016

Vitoria de Marcelli antes de asaltar Mallorca

Adestrando en O Rosal. Foto: Gabriel Marcelli / facebook

O piloto rosaleiro, Gabriel Marcelli Carballido vén de gañar, onte 21 de febreiro, o XVI Trial Concello de Entrimo, primeira proba do Campionato Galego de Trial 2016.

O noso veciño declaraba hai unhas horas que se atopa "moi contento co resultado, unha carreira para seguir aprendendo sobre a Montesa, cada día mellor".

Toda a información desta proba e do primeiro Torneo Galego de Trial na páxina da Federación Galega de Motociclismo

Foto: Federación Galega de Motociclismo

A vindeira cita para Marcelli será este domingo 28 de febreiro na localidade balear de Sant Joan (Mallorca), onde disputará a segunda proba do SPEA RFME Campionato de España de Trial 2016.