Mostrando entradas con la etiqueta Iván Diego Martínez. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Iván Diego Martínez. Mostrar todas las entradas
jueves, 28 de abril de 2016
jueves, abril 28, 2016
Unknown
Moita arte no III Concurso Antonio Granja 2016
Reportaxe fotográfica: Xesús González (Suso).
O pasado domingo 24 de abril tiven o pracer de presentar no Auditorio Municipal do Rosal a III edición do Concurso de Xoves Intérpretes "Antonio Granja", que, en verdade, amosou arte polos catro costados.
O certame, organizado pola Agrupación Musical do Rosal que dirixe José Javier Bascoy e preside Iván Diego Martínez, coincidindo co seu 30º Aniversario, estivo aberto por vez primeira -na categoría de máis idade (17 a 23 anos)- a participantes de calquera procedencia.
O clarinetista vigués Xosé Antón Comesaña foi o gañador desa categoría, conseguindo Juan José López o 2º premio e Sara Pumar, o 3º.
O concurso, dende os seus inicios, "fai homenaxe co seu nome a un dos socios fundadores e principais precursores deste colectivo musical do Baixo Miño".
Actuación do grupo Kla-Son da Agrupación Musical do Rosal
Aparte da contía dos premios (500, 300 e 200 euros), o gañador do Concurso terá nun futuro "a oportunidade de actuar como solista coa Banda da Agrupación".
Finalmente, e tras unha difícil deliberación debido ao alto nivel de tódolos finalistas, "o xurado decidiu conceder os tres primeiros postos aos xoves músicos arriba mencionados, todos eles da especialidade de clarinete. Na xornada do sábado, os gañadores foron Laura Riveiro Amorín e David Rodríguez Castro (categorías A e B respectivamente), onde tamén obtiveron unha mención especial María Pereira e Uxía Aldea".
martes, 13 de mayo de 2014
martes, mayo 13, 2014
Unknown
O Rosal celebra o Día das Letras Galegas 2014
O Día das Letras Galegas 2014 está este ano adicado á figura do escritor e poeta Xosé María Díaz Castro. Para conmemorar esta sinalada efeméride, a Agrupación Musical do Rosal, como todos os anos, organiza na Praza do Calvario unha serie de actos músico-culturais e de lecer.
Tal e como reza o cartel oficial do evento, este sábado 17 de maio, haberá tapas e degustación de viños do Rosal durante todo o día, con actuacións e actividades para nenos e adultos.
¡Dende aquí, os meus parabéns á Agrupación Musical da vila que preside o rosaleiro Iván Diego Martínez!



















.bmp)










