Esta fin de semana (3, 4 e 5 de agosto) desprazareime novamente ata Guitiriz (Lugo) para participar no "XXXIII Festival de Pardiñas. Feira e Festa da Música e da Arte", organizada pola Asociación Cultural Xermolos e considerada de Interese Turístico Galego.
Unha das novidades será o nacemento o venres 3 do "Pardiñas Rock", cun cartel encabezado por grupos tan recoñecidos no panorama nacional musical como Barricada e La Leñera (grupo de tributo a Leño). Organiza: Castrexo Producións.
Xa o sábado 4 comezará a XIX Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, con obradoiros, actuacións musicais e mesmo presentacións de libros, que se prolongará ata o domingo 5.
O Festival de Pardiñas, que conta co escritor Xosé Lois García Fernández como pregoeiro, terá os seguintes grupos musicais:
Sábado 4
Milesios Galicia
Coetus & Eliseu Parra Cataluña
Kepa Junkera Euskadi
Quempallou Galicia
Cuchufellos Galicia
Domingo 5
Tamborada Chotokoeu
Zurrumalla Galicia
Beltaine Polonia
Chotokoeu Galicia
Xa vos contarei máis polo míudo (á volta) como foi esta experiencia por terras lucenses e o reencontro en Pardiñas con vellos e bos amigos que están espallados polo mundo adiante.
Saúde para todos/as. Bicos e apertas!