sábado, 18 de agosto de 2012

O BAR TROYA ACOLLERÁ O VENRES 24 DE AGOSTO O III OPEN DE FUTBOLÍN DO ROSAL


Algúns dos xogadores/as, expectantes, durante a celebración do sorteo dos equipos no I Open

O BAR TROYA, primeiro local que ven de confirmar que desexa ser a sede do III OPEN DE FUTBOLÍN O ROSAL 2012.

Este torneo celebrarase o venres 24 de agosto a partir das 20:30 horas, cando terá lugar o sorteo para coñecer os compoñentes de cada equipo. O sistema de xogo será o mesmo que as anteriores edicións, con premios para os catro primeiros equipos e con agasallos-recordos para todos os participantes.

As inscricións (tan só 5€ por xogador/a) abriranse este luns. Estade atentos/as xa que o máximo de parellas será de 16. En breve ampliarase a información.

Dende aquí o meu sincero agradecemento ao Bar Troya e a todas as persoas que traballaron, traballan e traballarán para que de vez en cando nos esquezamos de calquera crise ou depresión e así nos poidamos xuntar e pasar un rato agradable co futbolín como inmellorable excusa.

Lembrar que tras organizarse por vez primeira no Troya e logo no Bar Floro, os "OPEN" volven ao seu punto de inicio coa celebración novamente deste tipo de torneo no local "troyano". Se algún bar ou asociación quere tamén ser sede, sen problema se poña en contacto comigo.

¡¡Saúde para todos/as. Bicos e apertas!!