martes, 2 de octubre de 2012

XXV FESTA E IV CAMPIONATO DE FUTBOLÍN NA HONRA DOS MESTRES CABAQUEIROS




¡¡Boas rapaces e rapazas!!

Que tal. En canto poida, xa vos comentarei como foi a entrega de diplomas do I Churrascopen e a gravación das primeiras imaxes da curtametraxe "¿Xoghas unha?" que tivo lugar o 29 de setembro no Bar Troya.

Confesarvos tamén a miña alegría e ilusión, porque, tal e como vos tiña anunciado, este sábado 6 de outubro a partir das 15:00 horas, terá lugar no Rosal, en plena Praza do Calvario, o popular IV CAMPIONATO DE FUTBOLÍN OS CABAQUEIROS 2012, na honra dos vellos mestres telleiros do Baixo Miño.

Nesta edición, como dixemos, por ser unha efeméride especial -xa que celebramos o 25 Aniversario da Festa- dende a Organización rebaixamos o prezo da inscrición á metade (5€ persoa) e cambiamos por esta vez, o sistema do torneo para fomentar a participación de máis xogadores/as que desexen participar e pasar unha agradable xornada co futbolín.

Cada xogador/a apuntarase individualmente e coñecerá ao seu compañeiro/a de equipo mediante sorteo que se efectuará na Praza do Calvario intres antes de comezar o torneo.


Podes inscribirte ou solicitar máis información, contactando comigo, enviándome unha mensaxe por correo electrónico a juanorosal@hotmail.com ou mesmo polas redes sociais facebook e twitter (Juan Ramón O Rosal).

Segundo podemos ler no programa da XXV ROMANCHA DO CABAQUEIRO, a entrega de premios e trofeos terá lugar o venres 12 de outubro ás 16:30 horas, xusto antes de comezar a lectura do pregón e da demostración cabaqueira de "taxicar cabacas e toupos a joucha".

Para o que queirades, estou á vosa disposición.

P.D.: ¡¡Agardando que comprendades as "esixencias do guión" da crise económica e demais circunstancias para que finalmente se poida celebrar este IV Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros, recibide unha forte aperta!! ¡¡Vémonos o sábado!! ¡¡A pasalo ben!!