jueves, 27 de septiembre de 2012

¡¡A FELICIDADE É NON NECESITALA!! SAÚDE, PAZ, TRANQUILIDADE, TRABALLO E ¿AMOR?


Boas! Que tal. Desexando que estedes ben, coméntovos rapidamente cales serán algunhas das actividades culturais e de lecer nas que estou inmerso os vindeiros días.

sábado 29 de setembro ás 23:00 horas, terá lugar no Bar Troya (Marzán-O Rosal) a entrega de diplomas a todos os participantes do I Churrascopen de Futbolín que se celebrou o pasado día 15.

Neste mesmo acto tamén poderemos ver a reportaxe fotográfica de máis de 200 imaxes que se realizou durante esa im-presionante e inesquecible xornada lúdico-gastronómica de amizade e futbolín.

Así mesmo, os/as que o desexen, poderán participar nalgunhas das esceas da curtametraxe ¿Xoghas unha?, un film que terá ao noso querido futbolo como un dos seus eixes centrais.


Quero agradecer e lembrar que, dende que hai tres meses comecei a miña andaina como emprendedor sociocultural autónomo, tanto o III Open de Futbolín O Rosal 2012 como I Churrascopen realizáronse no Bar Troya, porque este foi o primeiro e ata o de agora único local (bar-cafetería) da zona que ten contactado comigo. 


Aínda que como sabedes, o Bar Troya sexa o meu bar de toda a vida -e onde certamente o fin de semana, se podo, formo parte case que do mobiliario- confesarvos con toda sinceridade e con termos futbolineiros que estou aberto a calquera proposición pero "estes meses, aparte de estar liadísimo co meu traballo, non houbo ningunha oferta, nin petición, nin negociación seria para organizar evento co futbolín por parte de algún local que non fose o Bar Troya".




Polo tanto só colaborarei neste sentido, se chegamos a un acordo final, con quen contacte comigo, ¡non me dá o tempo! Teño efectivamente que elixir moi ben o que fago... e a axenda -dou grazas- xa a comezo a ter bastante ocupada. 

Con isto, co meu típico "rollo", quero deixalo ben claro. Necesito deixalo claro, porque en verdade, para min o futbolín é simplemente un xogo, un hobby e estaredes cansos de escoitalo ou de lelo, o meu único fin e obxectivo é que polo menos todos levemos un recordo destas xuntanzas (diplomas, trofeos, medallas, o que sexa) e pasemos un agradable rato entre amigos/as.

E como sabedes, o vindeiro sábado 6 de outubro, a partir das 15:00 horas, xogarase na Praza do Calvario do Rosal o agardado IV Campionato Os Cabaqueiros, na honra dos mestres telleiros do Baixo Miño, no XXV Aniversario da súa Festa. A principios de semana xa vos  confirmarei como tedes que facer se queredes apuntarvos, cales son as bases do torneo e cando se abre o prazo de inscrición para poder participar.

O venres 12 de outubro, na Festa da Pilarica, ás 16:30 horas, intres antes do pregón e da demostración cabaqueira, terá lugar o acto de Entrega de premios e diplomas deste IV Campionato.

Un día despois precisamente da "XXV Romancha", o 13 de outubro, realizarei unha novidosa actividade para nenos/as que consistirá nunha ruta guiada e un obradoiro de calcos de petróglifos ao aire libre, in situ, nalgúns dos gravados rupestres máis importantes e curiosos da Vila do Rosal. Xa vos contarei tamén, en breve.



Sigo, igualmente, traballando na miña web cultural Noticias O Rosal. Por certo, rapazas, proximamente serán anunciadas as datas exactas para a inscrición e posterior celebración do III Campionato Feminino, así que, ¡estade atentas!

E en verdade con moita ilusión, xa que ademais teño varios e interesantes proxectos enriba da mesa. Entre eles, destacar o estudo dunha atractiva senda turístico-cultural ou a proposta para colaborar  en varios medios de comunicación e aínda nunha importante páxina de información e sociedade en internet. ¡¡A ver se non se quedan só en proxectos e algún día ven a luz!! ¡¡Intentareino!!



E xa non vos lío máis. Confesarvos que estou tranquilo, feliz e contento. Certamente o levantarme a diario e traballar no que me gusta, o apoio dos máis queridos, a boa compañía, a saúde e o ter a conciencia tranquila, tamén axudan bastante a este sensacional benestar vital no que me atopo.

Como proclamaba Séneca "a felicidade é non necesitala". Desexándovos isto... moita saúde, traballo e por que non... ¿amor?, despídome ata a próxima. ¡¡Coidádevos!!

¡¡Bicos e apertas!!