viernes, 21 de septiembre de 2012

¡¡RAPACES E RAPAZAS, XA ESTÁ AQUÍ O IV CAMPIONATO DE FUTBOLÍN NA HONRA DOS CABAQUEIROS!! ¡¡SÁBADO 6 DE OUTUBRO!!




Rapaces e rapazas. ¡¡Xa está aquí!! 

O sábado 6 de outubro celebrarase na Praza do Calvario do Rosal o IV Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros 2012 para todas as persoas que pertenzan á comarca do Baixo Miño (O Rosal, A Guarda, Oia, Tomiño e Tui).

Organizarei novamente, con toda a ilusión e alegría do mundo, este evento lúdico-deportivo e sociocultural, que este ano conta, entre outros, coa colaboración da Asociación Os Cabaqueiros e do Concello do Rosal.

Con motivo do XXV Aniversario da Festa do Cabaqueiro, como novidade, xogaranse todas as partidas o sábado, dende as 15:00 horas. O prezo da inscrición (que será individual) é de tan só 5 euros, co mesmo sistema que os “Open de Futbolín O Rosal”, coñecendo a parella de cada xogador/a por sorteo, intres antes do comezo do torneo.

Dende a Organización –e debido á crise económica- decidiuse rebaixar a cota de inscrición para xogar o torneo, así como modificar nesta edición, coincidindo co XXV aniversario da Festa do Cabaqueiro, o dito sistema de elección de equipos para desta maneira fomentar, máis, se cabe, a participación de novos xogadores/as de futbolín e disfrutar dunha xornada de ocio entre amigos/as nesta homenaxe aos vellos mestres telleiros.

A entrega de premios e trofeos terá lugar o venres 12 de outubro, ás 16:30 horas, intres antes da lectura do pregón da XXV Festa do Cabaqueiro, que este ano estará a cargo do recoñecido historiador e profesor guardés Ermelindo Portela Silva.

¡¡Vivan os CABAQUEIROS e viva o FUTBOLÍN!!