viernes, 6 de junio de 2014

Nin Ancelotti nin Mourinho, chega Diego Álvarez



Diego Álvarez no Estadio Vicente Calderón

Fotografías: Patricia F. / Federación de Fútbol de Madrid


¡Que se vaian preparando Ancelotti, Mourinho & Cía! Oxalá nun futuro non moi lonxano podamos ver, aí, dándoo todo nos banquillos, ao amigo Diego Álvarez Fernández (O Rosal-Pontevedra), que onte, xoves 5 de xuño, recibía en Madrid o título de "Entrenador-Monitor Nacional de Fútbol Base".



Este certificado e o título, fóronlle outorgados pola Real Federación Española de Fútboldespois de aprobar con mérito o correspondente curso, realizando os seus estudos nas instalacións da R.F. de Madrid.


O acto de apertura contou coa presenza de Vicente Temprado, presidente da RFMM

Diego, verdadeiramente un apaixonado do mundo do fútbol, ve así cumprido un dos seus sonos. Pero, por suposto, isto non acaba aquí, xa que segundo as súas últimas declaracións: "Despois de conseguir este título estou moi feliz, pero quero seguir avanzando, subir de nivel. Vou a prepararme para intentar conseguir as titulacións oficiais para adestrar e dirixir equipos de todas as categorías".



¡Estamos orgullosos de ti Diego, xa o sabes! A nosa noraboa e toda a forza do mundo, para que aínda que esteas fóra da Comarca e da "Jalleira", sentas o noso apoio e ánimo, que sempre te seguirán alá onde vaias.

¡Unha aperta da miña parte e de todos os teus veciños e amigos/as!