jueves, 7 de abril de 2016

Visitas guiadas por Vigo da man de escritoras/es


Segundo comunica a AELG, abriuse o prazo de inscrición para o primeiro dos Paseos polo Vigo Literario. Primavera 2016.

Vigo literario. Primavera 2016, iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co apoio e colaboración da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, son visitas guiadas por Vigo da man das escritoras e escritores que escribiron obras ambientadas na cidade.

A inscrición é independente para cada un dos paseos, sempre a partir das 10.00 do día que se detalla en cada paseo, no correo electrónico actividades.snl@vigo.org 

Hai un total de 50 prazas por paseo. Estes serán os seguintes sábados, de 11.30 a 13.00 horas:

Fran P. Lorenzo– 9 de abril
Rexina Vega– 16 de abril.