martes, 14 de junio de 2016

Helena Villar Janeiro, homenaxeada pola AELG

Helena Villar Janeiro. (Foto: Eduardo Castro Bal)

Segundo me veñen de comunicar dende a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), a compañeira Helena Villar Janeiro será a "Escritora na súa Terra" homenaxeada nesta XXII edición. 

Trátase dunha "celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Caxigueiro), a plantación dunha árbore simbólica (un loureiro elixido pola propia autora) e a colocación dun monólito conmemorativo".

Os actos terán lugar o sábado 25 de xuño no concello de Rianxo (A Coruña).